Propostas de resolución do PSdeG aprobadas no Debate do Estado da Autonomía

Propostas de resolución do PSdeG aprobadas no Debate do Estado da Autonomía

Propostas de resolución do PSdeG aprobadas no Debate do Estado da Autonomía

Iniciativas Aprobadas:

Resolución núm. 3

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a implementar medidas de Eficiencia Enerxética no conxunto dos Edificios administrativos da Xunta de Galicia co obxecto de diminuír custes e introducir sistemas e técnicas de optimización de recursos enerxéticos no mantemento de instalacións e equipamentos públicos, co obxectivo de acadar unha diminución na facturación por este concepto da Xunta de Galicia dun mínimo dun 25 % no 2012 respecto ao ano anterior.

Resolución núm. 9

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a aprobar o proxecto de lei de publicidade institucional no actual período de sesións que remate coas prácticas opacas e regule a relación dos medios de comunicación e o poder político.

Resolución núm. 30

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia á constitución do Consorcio Provincial de Ourense de Extinción de Incendios e de Salvamento, dando cumprimento a Lei 7/2007, de 7 de maio, de emerxencias de Galicia.

Resolución núm. 33

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a desenvolver a Lei de medios de comunicación audiovisual de Galicia (Lei 9/2011, de 9 de novembro), respectando o cumprimento dos prazos na definición do Mandato - Marco e demais instrumentos previstos na lei.

Resolución núm. 42

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a impulsar as medidas necesarias para reforzar e ampliar os servizos de mediación familiar no ámbito xudicial galego.

Resolución núm. 43

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a impulsar as medidas necesarias para reforzar e ampliar os servizos de mediación no ámbito de menores.

Resolución núm. 44

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a estudar a oportunidade de estender os servizos de mediación a ámbitos distintos do da mediación familiar e de menores.

Resolución núm. 49

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a pactar coa FEGAMP un marco de incentivos dirixidos ós concellos que impulse a prestación conxunta de servizos locais, na procura de economías de escala, homoxeneidade e calidade nas prestacións e sostenibilidade financeira. Os servizos susceptibles serán os de mantemento e pavimentación de vías públicas e estradas, abastecemento de auga, saneamento, recollida de residuos sólidos, alumeado, protección civil, servizos sociais, urbanismo, recadación, vivenda, emprego, turismo, etc.

Resolución núm. 59

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a elaborar e remitir á Cámara galega, no actual período de sesións, un informe sobre a implementación da Ley Orgánica de salud sexual y reproductiva y de la interrupción voluntaria del embarazo 2/2010 e os seus resultados na nosa Comunidade. Deberá detallar como mínimo: medidas de educación afectivo - sexual, métodos anticonceptivos e anticonceptivos de emerxencia, e todo o relacionado cos embarazos non desexados e a IVE.

Resolución núm. 69

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a promover a eliminación dos anuncios de contactos de prostitución na Internet e nos medios de comunicación na nosa Comunidade.

Resolución núm. 77

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que as subvencións libradas á RAG o pasado ano por diversas partidas e conceptos, se unifiquen nunha única, xa existente, de “subvención anual”.

Resolución núm. 88

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a promover a continuidade de Galicia no mapa financeiro, con entidades financeiras solventes, que faciliten o acceso o crédito das empresas e familias galegas, e eviten a exclusión financeira.

Resolución núm. 130

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a contribuír na consolidación do sistema aeroportuario galego, facilitando e coordinando a intermodalidade co resto dos sistemas de transporte, así como fomentando a coordinación e actuacións conxuntas e integradas dos aeroportos galegos.

Resolución núm. 134

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a promover e afondar na colaboración administrativa de cara a consecución dun sistema de transporte de mercadorías integrado e coordinado.

Resolución núm. 160

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a favorecer a consolidación da carreira investigadora promovendo convocatorias anuais que permitan a incorporación á carreira investigadora dos novos titulados, mediante o itinerario das becas predoutorais, doutorais e postdoutorais. Ademais dedicaranse recursos á captación de investigadores de referencia que traballen no exterior e favorecerase a consolidación dos investigadores Parga Pondal e categorías similares.

Resolución núm. 162

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a promover, de acordo coas universidades e os colectivos investigadores, a participación de grupos galegos de investigación nos programas de excelencia, como CENIT, CONSOLIDER e as convocatorias do Consello Europeo de Investigación.

Resolución núm. 163

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a reforzar os grupos de investigación con persoal administrativo e de apoio, liberando ós investigadores de tarefas alleas ó seu labor científico.

Resolución núm. 186

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a presentar, no actual período de sesións, o Proxecto de lei do patrimonio cultural de Galicia.

Resolución núm. 199

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que cumpra os seus compromisos e licite os centros de saúde que tiña propostos xa dende o ano 2010.

Resolución núm. 254

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a elaborar, no actual período de sesións, para presentar no Parlamento de Galicia, un Plan estratéxico de turismo, concertado coas Administracións locais e o sector privado, que permita articular os diferentes recursos turísticos, co obxecto de diversificar a comercialización de produtos e mercados, supere a estacionalidade e aposte pola formación do capital humano e a protección dos contornos naturais.

Resolución núm. 267

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado a fin de demandar a aplicación urxente do chamado “Paquete lácteo” para que sexa efectiva na próxima campaña láctea, que permita a concentración da oferta e a capacidade de negociación colectiva dos produtores, e o recoñecemento das organizacións de produtores de leite para a negociación dos contratos de entrega de leite, avanzando na contractualización obrigatoria no sector leiteiro que contemple sancións polos incumprimentos , a creación do “mediador dos contratos” que interveña cando non exista acordo nos procesos de contractualización no sector lácteo, así coma o deseño dun Plan de control dos procesos de contractualización obrigatoria no sector lácteo que permita mellorar a información do mercado lácteo e do prezo do leite aportando transparencia e estabilidade ao sector leiteiro .

Resolución núm. 269

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a maximizar as competencias da Administración galega en materia de inspección de calidade e seguridade alimentaria, consumo e comercio, e intensificar a coordinación das actuacións de control na cadea de produción do leite co goberno do Estado a fin de evitar os abusos aos produtores, o dumping e outras prácticas comerciais desleais que aporte estabilidade ao sector leiteiro galego.

Resolución núm. 293

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado o mantemento, como ate o de agora, nas direccións provinciais e comarcais do Instituto Social de la Marina as funcións de remitir os boletíns mensuais de cotización da flota artesanal e de baixura.

Iniciativas Transaccionadas aprobadas:

Resolución núm. 35 PSdeG

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a garantir o carácter de servizo público dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, rexeitando a privatización futura da nova CRTVG.

Resolución núm. 39 PSdeG – 12 BNG – 29 PP

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a promover unha solución os titulares de participacións preferentes que compraron estes produtos sen información axeitada, que en particular deberá:

1.- Instar ao Banco de España e á Comisión Nacional do Mercado

de Valores para que promova e no seu caso preste as autorizacións necesarias a Novagalicia Banco e ao resto das entidades financeiras, para dar solución á recuperación do investimento realizado polos subscritores de participacións preferentes en Galicia que desexen recuperar os cartos investidos neste produto.

2.- Instar ás entidades financeiras que operan en Galicia e que emitiron participacións preferentes para instalas a promover unha solución aos subscritores de participacións preferentes que desexen recuperar os cartos investidos neste produto, permitindo aos afectados a recuperación íntegra do investimento realizado.

3.- Apoiar e informar aos posibles afectados pola comercialización das participacións preferentes sobre as vías de reclamación das que dispoñan a través das oficinas do Instituto Galego de Consumo.

4.- O Instituto Galego de Consumo remitirá semestralmente á Comisión 3ª do Parlamento un balance do número de afectados e das reclamacións presentadas nas súas oficinas.

5.- Demandar das autoridades competentes o cumprimento estrito da normativa MIFID na comercialización no tramo minorista de produtos financeiros.

Resolución núm. 47 PSdeG

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a seguir impulsando nos órganos de cooperación coa Rexión Norte de Portugal, unha solución doada que facilite a interconexión dos sistemas de telepeaxe nas autoestradas de ambos países. O Parlamento galego insta a Xunta a que solicite ao Goberno Central a incorporación deste asunto dun próximo cumio Ibérico entre Portugal e España.

Resolución núm. 53 PSdeG

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a crear e dotar de medios e información precisa unha Comisión de expertos na que teñan presenza técnicos das Administracións Locais galegas, da Xunta de Galicia, e a proposta das forzas políticas con representación parlamentar, a fin de elaborar un informe no que se analicen e avalíen as alternativas de reforma das administracións territoriais galegas nos planos organizativo, normativo, funcional e financeiro para a adaptar ás corporación locais á actual conxuntura e ás novas demandas sociais

Resolución núm. 54 PSdeG

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a trasladar ao Goberno de España a necesidade de acometer, no marco da nova lexislación básica en materia de réxime local, unha modificación da regulación das deputacións provinciais, reorientando as súas funcións á asistencia aos concellos de menos de 20000 habitantes.

Resolución núm. 83 PSdeG – 32 PP

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a solicitar ao “Consejo de Política Fiscal y Financiera” o balance detallado da evolución do Modelo de Financiamento Autonómico co fin de avaliar a posición de Galicia, a atención as nosas singularidades e a dinámica de axuste os actuais cambios económicos e sociais. Todo elo co fin de corrixir os problemas de funcionamento ou interpretación que podan acontecer e, no caso de que non responda das necesidades dinámicas da atención os problemas dos galegos, promover no seo do Consejo de Política Fiscal y Financiera, a reformulación do sistema de financiamento das Comunidades Autónomas para que se establezan criterios de distribución que teñan en conta as características especias de Galicia. En todo caso, o límite do déficit para o ano 2012 non resultará inferior ao 1,5% do PIB.

Resolución núm. 91 PSdeG

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a promover que no desenvolvemento das áreas metropolitanas se facilite os mecanismos que fagan posible a transferencia de financiamento e de recursos económicos por parte das administracións, incluídas as deputacións provinciais.

Resolución núm. 218 PSdeG

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a potenciar os acordos marco e convenios de ámbito galego entre sindicatos e empresarios que poñan en valor a calidade do emprego, con condición xustas de traballo, os valores e principios éticos e a dignificación dos salarios.

Resolución núm. 242 PSdeG

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a remitir, anualmente, ao Parlamento de Galicia, un informe sobre o grao de cumprimento dos plans de industrialización derivados do concurso de adxudicación de parques de xeración eólica, indicando investimentos postos en marcha ou prazos reais para a súa execución, así como traballadores contratados a tempo completo ou equivalentes.

Resolución núm. 258 PSdeG

O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a esixir do Goberno de España a inmediata execución das obras do Parador de Turismo de Muxía, e o desenvolvemento das obras no menor tempo posible.

Resolución núm. 267 PSdeG

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado a fin de demandar a aplicación urxente do chamado dos procesos de contractualización no sector lácteo para que sexa efectiva na próxima campaña láctea, que permita a concentración da oferta e a capacidade de negociación colectiva dos produtores, e o recoñecemento das organizacións de produtores de leite para a negociación dos contratos de entrega de leite, avanzando na contractualización obrigatoria no sector leiteiro que contemple sancións polos incumprimentos , a creación do “mediador dos contratos” que interveña cando non exista acordo nos procesos de contractualización no sector lácteo, así coma o deseño dun Plan de control dos procesos de contractualización obrigatoria no sector lácteo que permita mellorar a información do mercado lácteo e do prezo do leite aportando transparencia e estabilidade ao sector leiteiro.

Resolución núm. 283 PSdeG – 78 BNG – 38 PP

Dirixirse ao Goberno do Estado para que defanda diante da UE, cara a reforma da PAC no Horizonte 2020, a Política Agraria Común como estratéxica na Estratexia 2020, con suficientes fondos cando menos coa mesma dotación para a PAC nos niveis actuáis en termos reais, e que garanta a produción de alimentos seguros e suficientes coas mesmas garantías de reciprocidade para países terceiros e que manteña unha actividade agraria medioambientalmente sostenible, competitiva e extendida no territorio con criterios de cohesión social, e que defenda a función social e territorial da actividade agraria, que contribúa e eliminar os actuais desequilibrios, á xeración de emprego e ao crecemento económico no medio rural, e que manteña dous piares, un primeiro piar de apoio ás rendas e mercados e un segundo piar de dinamización de desenvolvemento rural, tal que:
-Se dote de instrumentos de xestión de mercados eficaces e áxiles, así como conexos con unha estrutura produtiva acaída e dotada de elementos coma a continxentación de produción láctea, a regulación dos dereitos de plantación nas denominacións de orixe no sector vitivinícola, e o reforzamento dos mecanismos de intervención.

Se estableza un fondo lácteo cunha dotación orzamentaria suficiente e se implementen novos instrumentos que permitan reforzar o papel dos produtores na cadea de valor agroalimentaria favorecendo o concentración da oferta e mellorar a posición negociadora dos produtores potenciando o papel das organizacións de produtores e as relacións interprofesionais no sector agroalimentarios cara a implantación de contratos obrigatorios no sector lácteo, acompañados de mecanismos de flexibilización das normas da competencia que permita aos agricultores e gandeiros obter unha remuneración xusta pola súa produción.

As axudas se manteñan vinculadas ao mantemento da actividade agrogandeiro, consolidándose a pretensión de considerar a creación de emprego coma un factor de valorización e incremento dos pagos ás explotacións e que teña en conta as limitacións territoriais e ambientais específicas das explotacións galegas nas zonas singulares de clara vocación leiteira e de alta montaña, que teña en conta o tamaño das explotacións e de resposta ás necesidades das distintas orientacións e sistemas produtivos da agricultura e a gandería en Galicia e a aquelas explotacións menos dependentes dos inputs externos, rexeitando que as axudas do réxime de pago único estean ligadas á superficie e, en particular, defendendo atendendo o acceso aos pagamentos acoplados por riba do 10% que se contempla na proposta de regulamento de pagos directos feito público pola Comisión Europea.

Resolución núm. 299 PSdeG

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que demande do Estado que tome as medidas necesarias para poñer en funcionamento, canto antes por parte da Autoridade Portuaria de Vigo, a Autopista do Mar, que é básica para o desenvolvemento xeral de Galicia.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar