Propostas de resolución do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia aprobadas no Debate do Estado da Autonomía

Propostas de resolución do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia aprobadas no Debate do Estado da Autonomía

Propostas de resolución do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia aprobadas no Debate do Estado da Autonomía

Iniciativas aprobadas:

Resolución nº 10

O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a negociar coa Administración Central unha modificación dos criterios de reparto e a contía do Fondo de Compensación Interterritorial. Dita revisión deberá proporcionar ás comunidades que, como Galicia, presenten un PIB per cápita por debaixo da media española, unha dotación que permita compensar a diminución de fondos procedentes da Unión Europea, garantindo a discriminación positiva que facilite o proceso de converxencia.

Resolución nº 20 (Transaccionada)

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a presentar no Parlamento de Galicia, polo menos de xeito anual, un informe sobre o grao de cumprimento dos plans de industrialización derivados do concurso de adxudicación de parques de xeración eólica, indicando investimentos postos en marcha ou prazos reais para a súa execución, así como traballadores contratados a tempo completo ou equivalente.

Resolución nº 42

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a fomentar o incremento dos grupos de investigación de excelencia, propiciando a mobilidade dos nosos investigadores e impulsando a atracción de equipos de investigación estranxeiros e a internacionalización dos nosos investigadores.

Resolución nº 43

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a crear en Vigo, nos terreos da antiga E.T.E.A., o coñecido como “campus do mar” que acolla os centros de investigación relacionados co mar, no que participen os gobernos da Administración Xeral do Estado e o Autonómico, o Concello de Vigo e as Universidades galegas.

Resolución nº 109 (Transaccionada)

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a facilitar a comparecencia dos membros do Goberno galego por solicitude dos grupos parlamentarios, conforme establece o Regulamento da Cámara.

Resolución nº 113

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a garantir que todos os proxectos de lei presentados no Parlamento de Galicia contarán cos informes preceptivos e vinculantes establecidos legalmente.

Resolución nº 119

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a potenciar a Agrupación Europea de Cooperación Transfronteriza Galicia-Norte de Portugal e o seu impulso como espazo de encontro e de acordos que beneficien os intercambios culturais, empresariais e sociais entre ambos territorios.

Resolución nº 125

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a aprobar e tramitar, pola vía parlamentaria no presente período de sesións, o VI Plan Galego de Igualdade entre Mulleres e Homes, tendo en conta que rematou a vixencia do anterior no ano 2010.

Resolución nº 141

O Parlamento de Galicia reinvidica o carácter estratéxico do AVE galego dentro da rede de alta velocidade ferroviaria de España así como a da conexión con Portugal.

Resolución nº 143

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:seguir apostando pola implantación do Transporte Metropolitano de Galicia que foi deseñado no seu día para crear unha rede coordinada de transporte colectivo de calidade, asentada en parámetros mensurables como a fiabilidade, un sistema puntual que xere confianza no usuario e posibilite a súa fidelización; a información completa dos clientes ás posibilidades de desprazamento en tempo real; a accesibilidade dos medios de transporte aos lugares onde está a demanda e aos destinos máis importantes, e as melloras na confortabilidade da flota de vehículos que prestan o servizo.

Resolución nº 152 (Transaccionada)

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a seguir mantendo o principio de construír todas as novas vías de alta capacidade libres de peaxe.

Resolución nº 176

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a establecer un compromiso coas universidades integrantes do sistema universitario de Galicia polo que as achegas autonómicas ás mesmas ascenderán progresivamente ata superar o 1% do produto interior bruto no exercicio 2015.

Resolución nº 177

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a comprometerse cos proxectos de excelencia Campus Vida, liderada pola Universidade de Santiago de Compostela, e Campus do Mar, liderada pola Universidade de Vigo, por medio de partidas orzamentarias específicas, negociadas coas devanditas institucións, así como a apoiar o que poida presentar a Universidade de A Coruña"

Resolución nº 188

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a comprometerse ó mantemento do mapa sanitario cas actuais areas sanitarias.

Resolución nº 207

O Parlamento galego insta ao goberno de Galicia a abonar de inmediato os gastos correspondentes ás retribucións e custes das /dos profesionais incluídos na Quenda de Oficio e nas gardas de asistencia.

Resolución nº 211

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a elaborar e presentar ante o Parlamento de Galicia o II Plan Galego de Seguridade Viaria para seguir loitando dende a participación e a colaboración interadministrativa, por condutas e aptitudes que erradiquen a sinestralidade nas nosas estradas.

Resolución nº 217

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a presentar semestralmente no Parlamento e facer público, un informe sobre o estado da acción exterior en relación coa Unión Europea, explicitando as xestións ante as institucións comunitarias, a participación nos organismos multilaterais e a presenza no Comité das Rexións. Igualmente incluirá os obxectivos da Xunta para o período da seguinte presidencia europea.

Resolución nº 236

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a elaborar e aprobar un novo proxecto de lei do xogo de Galicia, adaptado ó novo marco regulador que se está a tramitar a nivel estatal, establecendo, no seu caso, medidas lexislativas de protección de colectivos máis sensibles coma son os menores e as persoas con hábitos irregulares de xogo insertos nas condutas de ludopatía.

Resolución nº 238 (Transaccionada)

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a remitir, dentro do próximo período de sesións, á Cámara galega o calendario lexislativo en relación aos proxectos de lei que ten previsto aprobar na presente lexislatura.

Resolución nº 239

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia rexeitar calquera fórmula de copago para o financiamento dos servizos de atención sanitaria.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar