Proposta parlamentaria para tapar as "lagoas" da Lei do Solo

Proposta parlamentaria para tapar as "lagoas" da Lei do Solo

Proposta parlamentaria para tapar as “lagoas” da Lei do Solo

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, anunciou hoxe que o próximo Pleno do Parlamento comezará coa Proposición de Lei do Grupo Soci-alista para modificar a Lei do Solo e tapar as “eivas e dificultades” que provoca a nova norma aprobada polo PP. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces na que foi acordada a orde do día do Pleno da próxima semana.

O responsable socialista explicou que a proposta socialista quere resolver as “lagoas” xeradas pola norma do PP en canto á construción en solo rústico, que desprotexe ás edificacións en solo rústico. Tamén quere resolver a falla de referencia ás normas subsidiarias, o que sitúa nun baleiro legal a preto de 200 concellos de Galicia.

Méndez Romeu anunciou hoxe o veto do Grupo do PP á solicitude de comparecencia da conselleira de Infraestruturas e vivenda para dar conta dos numerosos problemas que está a provocar esta norma tan só dous meses despois da súa aprobación. Lembra que o texto mesmo incitou a súa impugnación polo goberno central por considerar que invade competencias estatais.

Inoperancia

Sinalou que os socialistas centrarán a sesión de control no baixo nivel de execución orzamentaria do goberno galego e a “imaxe de inoperancia” que suscita o escaso traballo do Executivo e do seu presidente. O ano pasado só gastaron a metade dos orzamentos dirixidos a impulsar o mercado de traballo, malia o que Feijóo volveu vetar a súa comparecencia solicitada polos socialistas, o 60 por cento de vivenda ou o 80 por cento das políticas económicas.

Aludiu así a que a suma dos recortes e das cifras non executadas ascenden a 1.000 millóns de euros en política social, 300 no mercado de traballo ou 1.400 millóns de euros dirixidos aos sectores produtivos.

Méndez Romeu explicou que a pregunta ao presidente tivo que ser reformulada dende o Grupo Socialista, xa que a redacción anterior, aludindo á “imaxe de aburrimento” e ao desleixo demostrado polo presidente da Xunta, foi rexeitada dende a Presidencia da Cámara.

Iniciativas

A sesión plenaria incluirá tamén dúas mocións socialistas para reclamar a posta en marcha dun Plan Galego de dinamización e promoción dos parques empresariais galegos e sobre a política de loita contra a pobreza. A primeira das proposicións non de Lei centrarase nas actuacións da Xunta para impulsar o sector do libro e das bibliotecas, que pasaron dun orzamento de 2,5 millóns de euros a tan só 900.000 ao ano en 2016.

Tamén presentarán unha proposición non de Lei para propoñer novas actuacións para garantir unha atención acaída ás persoas con enfermidades psiquiátricas crónicas que teñen sido derivadas a residencias da terceira idade. Os socialistas galegos presentarán ademais unha interpelación sobre a política da Xunta en materia de prevención de incendios forestais.

As preguntas orais centraranse nesta ocasión nos problemas de coordinación rexistrados na resposta do Goberno galego ao incendio de Fandicosta, que replica problemas semellantes nun incendio rexistrado en Arteixo hai catro anos. Tamén incluirán unha pregunta sobre a política de contratación de persoal prevista pola Xunta para reducir a súa temporalidade.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar