Proposta para reducir o "precariato" imposto polos recortes de Feijóo na sanidade galega

Proposta para reducir o "precariato" imposto polos recortes de Feijóo na sanidade galega

Proposta para reducir o “precariato” imposto polos recortes de Feijóo na sanidade galega

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, propúxolle hoxe ao presidente da Xunta un plan de acción para “reducir o precariato” ao que viven sometidos os profesionais sanitarios. Fernández Leiceaga adiantou hoxe as liñas do acordo que presentarán os socialistas ao goberno galego tanto na sesión de control como na comparecencia do conselleiro de Sanidade no Pleno que comeza mañá.

Fernández Leiceaga reclamoulle ao presidente da Xunta un plan contra da precarización, que garanta a lo menos a cobertura dos 200 médicos que se xubilarán cada ano durante a próxima lexislatura. Ademais propuxo garantir durante este período praza para 2.500 profesionais actualmente en precario, unha medida que “non será suficiente para resolver a situación pero a lo menos pode levala a límites máis manexables”.

O responsable socialista reclamou por outra banda o compromiso de substituír á totalidade dos médicos con praza estable que por calquera motivo teñan que abandonar a sanidade pública.

Precariato

O responsable socialista alertou das consecuencias dos axustes de persoal sanitario e a precarización dos profesionais –que á falla de datos oficiais estima nun 20 por cento-, cun claro detrimento na calidade asistencial. A situación chega, dixo, a que logo de ter formado a 2.500 médicos especialistas en 8 anos, o Sergas “só foi capaz de ofrecer prazas estables a 322 -165 de familia e 157 doutras especialidades-”.

Estes datos, explicou, “explican perfectamente o drama dos nosos médicos”, que mesmo este ano, cunha convocatoria adicional de prazas, non puideron cubrir aos MIR. Deste xeito fórmanse conxuntos de excedentes de profesionais en torno dos hospitais e centros de saúde que só poden aspirar a contratos precarios por horas ou fins de semana, “ata que se fartan, collen o petate e marchan a outras latitudes”.

A situación produce importantes “consecuencias asistenciais” cando os recortes de persoal e o empeoramento das condicións reducen a calidade da saúde pública, como demostra o incremento das listas de espera. Dixo así que SOS Sanidade apunta a 20.000 persoas en espera en Vigo mentres a Xunta só recoñece 7.000, xa que só publican as listas estruturais cando “deberan ser capaces de presentar todas as listas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar