Proposta de consenso para reivindicar a transferencia da AP-9

Proposta de consenso para reivindicar a transferencia da AP-9

Proposta de consenso para reivindicar a transferencia da AP-9

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, fixo hoxe un chamado á unidade dos grupos parlamentarios para reivindicar a transferencia da xestión da AP-9 a Galicia. Así o dixo no debate, por terceira vez no Parlamento, dunha proposición de Lei para reclamar esta transferencia, que foi aprobado e será remitido ao Congreso.

O responsable socialista considerou “de xustiza” que a infraestrutura sexa xestionada dende Galicia e afeoulle ao PP que foran eles os que ampliaran a concesión, quje remataba en 2023, por outros 25 anos no ano 2003. Lembrou que aquela decisión do goberno de Aznar contou coa “complicidade” de Feijóo, daquela conselleiro de Política Territorial no goberno de Fraga.

Lamentou que cando están a rematar as concesións das autoestradas, que pasarán a titularidade pública e deixarán de ter peaxes, Galicia terá que asumir a concesión ata 2048, nunha xestión na que se ten demostrado que “os galegos sempre perdemos e a concesionaria sempre gaña”.

Fernández criticou a constante oposición do PP a tramitar esta solicitude de transferencia, que fora xa solicitada polo goberno de Touriño pero obstaculizada por Rajoy, que intentou frear o debate no Congreso.

O parlamentario socialista reivindicou unha AP-9 “xestionada dende Galicia coas peaxes máis baixas posible” e que “os galegos teñamos o control dunha infraestrutura decisiva para a nosa cohesión interna”. Dixo que a infraestrutura está “mellor xestionada dende a proximidade” atendendo ás situacións particulares de Galicia.

Trátase da “principal liña de comunicación” que vertebra o occidente de Galicia, os 3 aeroportos, o principais portos –agás San Cibrao-, as 8 principais áreas urbanas de Galicia, o 70 por cento da cidadanía e da produción empresarial e que require dunha xestión “dende a proximidade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar