Proposta de acordo para rebaixar en medio millón o gasto electoral dos partidos

Proposta de acordo para rebaixar en medio millón o gasto electoral dos partidos

Proposta de acordo para rebaixar en medio millón o gasto electoral dos partidos

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, lanzou hoxe unha proposta de pacto ás restantes forzas políticas para reducir en medio millón de euros o límite máximo de gasto dos partidos na campaña electoral. A proposta demostra, explicou, o “compromiso” dos partidos coa cidadanía na que será a terceira campaña consecutiva nun ano.

O candidato socialista propuxo reducir en a lo menos un 30 por cento o límite de gasto, fixado por lei en torno a 1,6 millóns de euros, que despois son parcialmente devoltos ás formacións políticas que obteñen representación parlamentaria e, polo tanto, sufragados pola cidadanía. A situación actual de dificultades económicas merece, dixo, unha mostra de prudencia, austeridade e autolimitación no gasto.

Explicou que os principais partidos políticos deben ser capaces de facer chegar á cidadanía as súas propostas a pesares de asumir unha redución notable no seu orzamento electoral.

Os socialistas galegos remitirán hoxe mesmo un escrito ás restantes forzas políticas con posibilidades de obter representación para “poñernos de acordo” e acadar unha redución multilateral dos gastos de campaña.

Listas electorais

Leiceaga referiuse ás listas electorais do PSdeG aprobadas onte pola Comisión Federal de Listas do PSOE atendendo ás aportacións da militancia, das agrupacións, a Comisión Xestora e o candidato. Cualificou de “magníficas” as candidaturas que integran unha “renovación intensa” de máis do 70 por cento das prazas, o rexuvenecemento e a experiencia de goberno.

Sinalou que as listas do PSdeG incorporan persoas con ampla experiencia na xestión municipal, entre altos funcionarios e antigos concelleiros, así como antigos membros do goberno socialista na Xunta de Galicia, persoas coñecedoras da xestión nas universidades e con experiencia laboral diversa no ámbito privado.

Contrapuxo o procedemento “aberto, participativo e regrado” dos socialistas galegos co “dedazo” de Feijóo, que incorpora ao seu “staff gubernamental” aos postos de saída das listas do PP. Esta decisión, explicou, “agocha a blindaxe dos seus colaboradores pola vía parlamentaria polo temor a un mal resultado que lles leve a perder as eleccións”.

Ademais traslada a mensaxe, engadiu, dunha “ausencia de reflexión do que significaron os últimos anos” do seu goberno, escapando de calquera autocrítica e apostando pola continuidade das políticas e recortes en sanidade, educación e servizos sociais, e dunha xestión lamentable da política laboral e unhas políticas lesivas para os sectores da pesca e o leite”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar