Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM

Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM

Proposta de acordo para frear a incertidume sobre os PXOM

O responsable da área do Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou unha proposta de acordo para que a nova Lei do Solo, actualmente en trámite, permita a regularización dos Plans de Ordenación Municipal. O obxectivo é evitar a situación de inseguridade xurídica creada a partira da sentenza do Tribunal Supremo anulando o de Vigo.

O responsable socialista considera “de extraterrestres tramitar a nova Lei do Solo sen tentar de buscar unha solución” para os PXOM tamén aprobados polo goberno galego e pendentes de sentenza do Supremo, e lembrou que actualmente só 80 plans municipais están adaptados á Lei.

Os socialistas presentarán, dixo, unha proposta no horizonte do 12 de xaneiro logo da “acollida favorable” por parte dos restantes grupos parlamentarios, incluído o PP, e puntualizou que “malia que quen está en mellores condicións para facelo é a Xunta”, ao dispor de tódolos recursos xurídicos para asegurar un texto que resolva esta situación.

Explicou que a Lei do Solo é a que regula os procedementos de aprobación dos plans xerais, e polo tanto o vieiro máis axeitado para resolver o “escenario de incertidume” aberto logo da anulación do PXOM de Vigo polo Tribunal Supremo .

Puntualizou que neste caso o Supremo anulou o acordo da Xunta aprobando o PXOM ao desestimar a declaración de innecesariedade do Estudo de Viabilidade Medioambiental por razóns de urxencia efectuado pola Consellería de Medio Ambiente.

Acordos puntuais

Sánchez Bugallo dixo que esta proposta será presentada co obxectivo de acadar acordos puntuais que poidan mellorar unha Lei do Solo, actualmente en trámite, que ten de partida o voto en contra dos socialistas galegos porque “vai na dirección contraria” á posición do PSdeG.

Isto non impide, puntualizou, “buscar tódolos acordos posibles para mellorar o contido dunha Lei” que será imposta polo PP independentemente da opinión dos restantes grupos da Cámara.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar