Proposición de Lei para garantir a igualdade de trato e non discriminación ás persoas LGTB

Proposición de Lei para garantir a igualdade de trato e non discriminación ás persoas LGTB

Proposición de Lei para garantir a igualdade de trato e non discriminación ás persoas LGTB

A portavoz de Políticas Sociais, Mocidade, Voluntariado, Cooperación e LGTB, Carmen Gallego, e o Coordinador de LGTB do PSdeG-PSOE, Fito Ferreiro, presentaron hoxe o proxecto de Lei pola visibilidade e non discriminación de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais en Galicia. Esta iniciativa será presentada no Pleno do próximo período de sesións que comeza en setembro.

Carmen Gallego explicou que o obxectivo da norma é ofrecer á sociedade a información suficiente e as medidas legais necesarias para garantir a non discriminación e a igualdade de trato cara as personas LGTB. A lei regula, por exemplo, a formación dos responsables de ANPAS e centros educativos, así como ao persoal sanitario, para que saiban atender a lesbianas, gais, transexuais e bisexuais e así previr discriminacións.

En concreto, a Lei regula medidas nos eidos da policía, a xustiza, o entorno laboral, familiar, de saúde, educación, cultura e ocio e comunicación para aplicar tamén en Galicia os avances en dereitos civís acadados nos últimos anos no Estado e na Comunidade Autónoma.

Os socialistas propoñen así que sexa o Valedor do Pobo o órgano encargado de velar polo cumprimento da Lei, a imaxe do Defensor del Pueblo a nivel estatal. Gallego explicou que a Lei inverte a carga da proba, obrigando ao discriminador a demostrar que non vulnerou o principio de igualdade de trato. Ademais, determina que nun ano a Xunta poña en marcha un servizo de información, atención e asesoramento a LGTB en colaboración cos gobernos locais.

Tamén establece un protocolo de actuación sobre agresións homofóbicas, bifóbicas e transfóbicas que conleve informes periódicos, estudos, memorias e estatísticas sobre estas agresións. Regula ademais a elaboración dun estudo da situación destas persoas nos seus lugares de traballo, incluíndo o traballo autónomo, así como medidas específicas de protección durante o seu paso por comisarías e centros penitenciarios, incluíndo tratamentos psicolóxicos.

Carmen Gallego sinalou que a Lei presentada polos socialistas galegos propón a recuperación da memoria histórica, creando un espazo no Museo do Pobo Galego que albergue un centro de documentación de referencia sobre o feito LGTB e a memoria de represaliados durante o franquismo.

Ademais, establece unha serie de medidas dirixidas aos medios de comunicación, como o seguimento da publicidade e un protocolo de tratamento da diversidade afectivo – sexual e a linguaxe empregada.

Garantir e protexer

O coordinador do colectivo LGTB dos socialistas galegos, Fito Ferreiro, explicou que o obxectivo desta Lei é “garantir e protexer uns dereitos que xa temos” fronte á regresión que está a sufrir o colectivo en Galicia. Chamou ao consenso dos grupos para apoiar unha Lei que foi consensuada co sector nun proceso de elaboración que se estendeu durante os últimos dous anos e instou ao PP a apoiala igual que fixo en Murcia ou Canarias.

Criticou a paralización efectiva da aplicación dos procesos de transexualización a través da sanidade pública –regulado por Lei dende 2007- que ten provocado unha emigración por razón de xénero a Cataluña e Andalucía. Salientou ademais a desaparición da información a través dos centros de ensino e facultades, nomeadamente logo da aprobación da LOMCE e a desaparición da asignatura de Educación para a Cidadanía.

Acusou ao presidente da Xunta de ter “borrado” as políticas LGTB da súa axenda política, convertendo aos Centros Quérote en “centros de tempo libre”, e negándose a establecer un diálogo cos colectivos afectados. Salientou que a Lei propón a posta en marcha de servizos de mediación en tódolos concellos cabeceira de comarca de Galicia en menos dun ano.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar