Proposición de Lei para crear o Fondo de Participación Local de Galicia

Proposición de Lei para crear o Fondo de Participación Local de Galicia

Proposición de Lei para crear o Fondo de Participación Local de Galicia

A portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, presentou hoxe unha proposición de Lei coa que os socialistas propoñen crear o Fondo de Participación Local de Galicia. Explicou que o texto responde ás demandas da Fegamp de maior financiamento para os concellos, permitíndolles responder ás competencias que teñen atribuídas por Lei.

Os socialistas propoñen fixar a través dun texto lexislativo os “criterios obxectivos” para que as entidades locais “dispoñan da capacidade financeira que reclaman para facer fronte ás competencias que lles outorga a lexislación sen que o goberno lles dea recursos”. A Lei regula a participación das entidades locais nos recursos económicos da Comunidade Autónoma.

A proposta responde, explicou a deputada socialista, ás demandas aprobadas por unanimidade na Fegamp o pasado 14 de febreiro a través dun documento sobre “medidas de cara á reforma da normativa que rexe as facendas locais”.

Rodríguez Rumbo propuxo crear un Fondo de Participación Local de Galicia, no que as entidades participarán dos tributos da Comunidade Autónoma. Este aumentará progresivamente dende o 2,4 por cento da totalidade dos ingresos da Comunidade Autónoma en 2017 ata o 2,65 en 2018, o 3,1 por cento en 2019, o 3,43 en 2020 e un 3,533 por cento en 2021.

Este Fondo Local estaría composto dun Fondo Principal que sería distribuído entre os 314 concellos de Galicia, e un Fondo Complementario que tería en conta factores como a poboación, a superficie, o envellecemento e os núcleos de poboación aos que ten que prestar servizo o Concello.

A parlamentaria socialista explicou que esta norma responde aos principios de autonomía e suficiencia financeira dos concellos que garante a Constitución, mentres a Lei de Bases do Réxime Local determina que as entidades deben contar con “recursos suficientes para o cumprimento dos fins” que teñen atribuídos.

Estes fondos deben proceder da súa participación nos ingresos do Estado e tamén da Comunidade Autónoma, en base aos principios de eficiencia, equidade e corresponsabilidade fiscal e de lealdade institucional. O Pacto Local asinado entre Xunta e Fegamp en 2016 esixe, pola súa banda, uns “criterios mínimos de reparto obxectivos, transparentes e non discriminatorios”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar
Pechar

Escribe o teu nome de usuario ou o teu enderezo de correo. Recibirás por correo unha ligazón para creares un novo contrasinal.

Pechar

Pechar