Proposición de Lei para blindar a sanidade e a educación públicas

Proposición de Lei para blindar a sanidade e a educación públicas

Proposición de Lei para blindar a sanidade e a educación públicas

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, presentou hoxe unha proposición de Lei dirixida a “blindar” a sanidade e educación públicas en Galicia. O líder socialista trasladoulle esta proposta ao presidente da Xunta na sesión de control do Parlamento, na que o acusou de “enganar a Galicia” actuando como “cómplice necesario” da implantación do copago.

Pachi Vázquez reclamoulle ao presidente da Xunta que “tome unha decisión e alíese con Galicia” acordando unha Lei “que non conculque os dereitos dos cidadáns” e acadando un “gran acordo nesta Cámara, rexeite a proposta do goberno central que condena aos enfermos e aos pensionistas” apoiando a proposta socialista a favor dos servizos públicos.

O líder socialista entregou hoxe esta proposta á presidenta do Parlamento e emprazou ao presidente da Xunta a “ler esta Lei e mañá mesmo nos sentamos para buscar axudas ao financiamento” dos servizos públicos. Reclamou así “blindar os servizos públicos básicos” e “garantir un compromiso irrenunciable cos dereitos dos galegos e das galegas na sanidade e a educación” defendendo a gratuidade e a calidade.

Esta proposta, explicou, inclúe un compromiso para incrementar anualmente os recursos destinados a sanidade e educación “para achegarnos á media comunitaria sempre dentro da Lei de Estabilidade Orzamentaria” e que “cando se financie se financie con fondos públicos e sen recorrer a copagos” co sector privado.

Enganar a Galicia

Pachi Vázquez acusou a Feijóo de “enganar a Galicia” ao “dinamitar” a sanidade e a educación públicas e “cargarlle a crise á saúde dos nosos avós e pais e á educación dos nosos fillos”. Acusou ao presidente da Xunta de ser “responsable e cómplice necesario” para a aplicación do decreto que implanta o copago sanitario malia que teña reiterado “que nunca lle tocarían á sanidade e á educación”.

Advertiu que o presidente da Xunta apoia o copago logo de chamar “mentireiro” ao xefe da oposición galega por advertir que implantarían esta medida logo das eleccións e lembrou que logo de que Feijóo apuntase que aspiraba a pasar á historia como defensor da sanidade pública ven de aplaudir un decreto “inxusto, ineficaz e innecesario”.

O líder socialista explicou que a proposta é inxusta porque “carga a crise a quen non ten nada que ver con ela, como son os enfermos, os pensionistas e os estudantes”, resulta ineficaz “porque saben que vai custar mais aplicar tódalas medidas do que se aforra en gasto sanitario” e é innecesaria porque “non hai por qué aplicala, xa que habería outros métodos de financiamento”.

Damnificados

Dixo que o actual presidente da Xunta “converte aos galegos en damnificados coa súa complicidade con dinamitar o Sistema Nacional de Saúde”. Sinalou que “vai pasar á historia como o que cobrou por primeira vez aos pensionistas polos medicamentos, cobrou as ambulancias non urxentes a tódolos galegos e galegas, e obriga a quen rompe unha cadeira a pagar a silla de rodas, muletas e as prestacións”.

Advertiu que o decreto publicado onte establece que “730.000 galegos e galegas pensionistas xa saben que cada vez que vaian ao médico van ter que pagar os medicamentos, milleiros de traballadores e traballadoras saben que van ter que pagar mais por medicamentos, e milleiros de mozos e mozas teñen dúbidas de si van poder ir ao servizo sanitario e saben que van ter que pagar o transporte sanitario”.

Engadiu que esta norma resulta “dobremente inxusta” con Galicia porque tódolos pensionistas que enfermen terán que pagar “e sabemos que a xente enferma cando é maior e por iso consume medicamentos”. Dixo que o 80 por cento das receitas son consumidas por pensionistas, que ademais en Galicia “cobran moito menos que en España” sen superar en moitas ocasións os 604 euros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar