Proporemos no Parlamento un plan de incentivos para fomentar o relevo xeracional no traballo autónomo

Proporemos no Parlamento un plan de incentivos para fomentar o relevo xeracional no traballo autónomo

Proporemos no Parlamento un plan de incentivos para fomentar o relevo xeracional no traballo autónomo

O deputado socialista Abel Losada vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento para reclamar que a Xunta presente nun prazo de tres meses “un plan de fomento da substitución xeracional no traballo autónomo”, cunha análise previa do impacto dos autónomos na economía galega e que atenda de forma prioritaria á xente moza e os colectivos máis vulnerables. O plan proposto polos socialistas tería “incentivos e medidas de apoio para o traspaso da titularidade no relevo xeracional dun autónomo a un novo emprendedor”.

 

O programa estaría dirixido ao colectivo de autónomos con titularidade persoal do negocio e sen traballadores habituais ao seu cargo que teñan 60 anos ou máis, tendo como obxectivo o relevo a persoas de entre 18 e 30 anos beneficiarias do sistema de garantñia xuvenil. Darase prioridade aos sectores prioritarios da estrutura comercial tradicional e as profesións en risco de extinción. O plan busca ademais priorizar o retorno da xente moza á súa localidade orixinaria ou a Galicia, sempre con especial atención aos colectivos con risco de exclusión e discapacidade.

 

Losada lembra que a situación socio-laboral dos autónomos en Galicia “amosa importentes debilidades” á hora de consolidar as súas posicións económicas, xa que dous terzos do número total de autónomos/empresarios e autónomas/empresarias son persoas físicas, case catro de cada cinco non teñen asalariados e asaliaradas ao seu cargo e máis dun terzo dos autónomas persoas físicas de Galicia teñen máis de 55 anos. Ademais, a súa capacidade de aproveitamento das novas tecnoloxías é moi escasa. “Calcúlase que un 10 % deste colectivo xubilarase anualmente nos próximos anos”, destaca.

 

Ante esta situación, na que no medio prazo un número moi importantes de autónomos pasarán a situación de xubilación, é previsible que moitos pecharán os seus negocios por causas económicas ou organizativas e outros moitos estarán en tránsito de abandono, reducindo de forma significativa a súa actividade. Por tanto, “perderanse un número moi elevado de negocios que non parece que vaian ser substituídos directamente no tecido empresarial”, alertan os socialistas, nun país no que o arraigamento dos autónomos no territorio é estratéxico.

 

“Mentres se producen estes peches, un número importante de mozos asumen realizar unha actividade por conta propia, pero atopan dificultades para a súa integración xa que na maior parte dos casos, abordan negocios de nova creación e con moito risco, ademais sen unha preparación práctica suficiente”, din. É por isto que consideran “de gran interese” poñer en marcha un plan de incentivos e medidas de apoio para facilitar o relevo xeracional nos negocios xa existentes.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar