Proposta a Feijóo dun debate electoral “sen condicións” para celebrar “o primeiro día de campaña”

Proposta a Feijóo dun debate electoral “sen condicións” para celebrar “o primeiro día de campaña”

Proposta a Feijóo dun debate electoral “sen condicións” para celebrar “o primeiro día de campaña”

Pablo García sinala que Pachi Vázquez realizará unha campaña “realista e próxima á cidadanía” mentres o PP preséntase “de costas aos problemas dos galegos agochando o que fixeron e o que queren facer”

O coordinador da campaña electoral do PSdeG-PSOE, Pablo García, anunciou que o candidato socialista, Pachi Vázquez, ven de remitirlle unha carta a Feijóo para celebrar un debate electoral “o primeiro día de campaña”. Os socialistas ofercen un debate electoral “sen condicións previas”, explicou García, para non deixar marxe aos “escaqueos e trifulcas” do PP.

Dixo que “non hai tempo que perder”, polo que propuxo “debater canto antes e entre dous, entre tres ou como queira Feijóo” para non deixar marxe á estratexia que o PP desempregou na pasada campaña para non celebrar o dito debate. Por este motivo Pachi Vázquez remitiulles unha misiva “aberta, sen condicións de ningún tipo” salvo a celebración de debates electorais.

Instou a Feijóo a poñerse diante das cámaras para “explicar o que fixo durante estes tres anos e ver que poden perder a maioría absoluta” e advertiu que prefiren renunciar ao encontro “para non asumir o que Rajoy dixo que faría”.

Así o dixo logo da xuntanza do Comité Electoral do PSdeG-PSOE, no que os socialistas galegos perfilaron as liñas mestras dunha precampaña e campaña electorais “express” pola cercanía das eleccións. Explicou que os socialistas galegos realizarán unha campaña “próxima á cidadanía, con propostas realistas, cuantificadas e concretas” e que aprobarán o programa electoral no Comité Nacional do próximo luns.

Pablo García dixo que Pachi Vázquez replicará en toda Galicia o sistema inaugurado onte de encontros con colectivos cidadáns con problemas concretos aos que se lles presentarán iniciativas específicas e viables. Dixo que o candidato socialista percorrerá tódalas comarcas para verse cara a cara cos galegos e galegas.

PP de costas

Fronte a unha proposta achegada aos galegos e galegas, o responsable socialista contrapuxo a un PP que “da as costas aos problemas de Galicia”, tal e como se demostraron o sábado en Soutomaior, onde estiveron “illados dos problemas”, e onte Alfonso Rueda, “mais preocupado da candidatura de Pachi Vázquez que de solucionar a crise económica”.

Advertiu que Feijóo “non pode dicir o que fixo nin o que van facer el nin Rajoy nos próximos meses” porque, explicou, “tería que dicirlle aos pensionistas que lles vai recortar as pensións”.

Ironizou co feito de que o PP estea nos primeiros compases de campaña “obsesionado” con Pachi Vázquez cando “a realidade é que malia que eles foron os que adiantaron as eleccións, nos xa temos un candidato elixido democraticamente e o PP non o terá ata o próximo domingo”.

Carta Alberto Núñez Feijoo

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar