Propoñen unha moción para rexeitar o copago sanitario e garantir a atención sanitaria con independencia da situación laboral, social ou mesmo legal

Propoñen unha moción para rexeitar o copago sanitario e garantir a atención sanitaria con independencia da situación laboral, social ou mesmo legal

Propoñen unha moción para rexeitar o copago sanitario e garantir a atención sanitaria con independencia da situación laboral, social ou mesmo legal

Modesto Pose advirte que as medidas anunciadas, como o copago de próteses ou a negación da atención continuada a estranxeiros trae consecuencias negativas para as clases máis desfavorecidas

Pose critica que o aforro a través do cobro das cadeiras de rodas, 9M€/ano, é tres veces menos do que se ten levado algún dos xestores das caixas

Advirte dos riscos derivados da non atención aos inmigrantes ilegais, que, sen tarxeta sanitaria, non poden ter un seguimento continuado

O parlamentario socialista, Modesto Pose, ven de denunciar o risco de “volver a atrás” e que a Sanidade perda a condición de dereito universal. Así o trasladou ao Pleno da Cámara autonómica no turno de defensa da moción socialista pola que se instaba ao Goberno galego a “garantir que o Sergas preste atención sanitaria nas mesmas condicións de calidade e continuidade a todo doente que o necesite, independentemente da situación laboral, social ou mesmo legal”.

A moción socialista reclamaba ao goberno tomar medidas para que as prestacións protésicas e de produtos sanitarios, que son imprescindibles para a integración social e laboral dos discapacitados, melloren nas súas condicións técnicas, sen que o seu custe sexa unha barreira máis para o acceso dos necesitados destas prestacións.

Pide tamén a inicitiva do PSdeG-PSOE solicitar ao Goberno de España a derrogación do RD lei 16/2012 por menoscabar o principio de solidariedade da sanidade pública e por invasión de competencias da Comunidade Autónoma.

Remata esixindo contar cos grupos parlamentarios para a toma por parte da Xunta de calquera medida que fose necesaria para afianzar o futuro da sanidade pública.

Para o portavoz de Sanidade do Grupo Socialista a introdución do copago ou repago anunciada polo Goberno de Rajoy “abre a porta ás desigualdades no Sistema Nacional de Saúde”.

Modesto Pose advertiu que “cando un dereito deixa de ser universal, o soen pagar os máis desfavorecidos”. Así, puxo de exemplo algunhas medidas xa anunciadas, como o copago de próteses, que está previsto que produza un aforro de 700M€, e que “afecta ás persoas máis necesitadas, os discapacitados”. O socialista fixo súas as palabras dos portavoces das asociacións de discapacitados que definiron esta medida como “un tiro mortal” á integración social dos discapacitados.

O que necesita Galicia, afirma Pose, é mellorar e modernizar o catálogo e a atención aos discapacitados que, de por si, precisan 27.000€ máis ca os demais para lograr unha integración sociolaboral plena.

O deputado socialista acusou aos populares de “racanear” 9 millóns de euros en atención ortoprotésica e “nos quedamos parados cando un señor se leva 30 millóns de euros de indemnización por unha mala xestión nunha caixa”. Para Pose, “se a política non vale para corrixir isto, non vale a pena estar en política”, recriminou aos deputados populares e ao goberno galego.

Os socialistas desconfían do aforro que poidan lograr medidas como as derivadas da non atención continuada aos inmigrantes. Desta medida poden incluso derivarse maiores problemas de saúde, como os producidos polo contaxio de enfermidades endémicas como a tuberculose, “o que ademais incrementarían os custes económicos”.

Pose afirma que os socialistas “en absoluto” se opoñen a que se racionalice o gasto sanitario en consonancia coa situación económica que padecemos. Pero “hai que facelo globalmente” e non deben mesturarse con outros anuncios como os de libre elección de hospital, que asegura Pose “é moi difícil de levar a cabo e moi custoso”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar