Propoñen un plan plurianual para a integración da gandaría extensiva na prevención de incendios forestais

Propoñen un plan plurianual para a integración da gandaría extensiva na prevención de incendios forestais

Propoñen un plan plurianual para a integración da gandaría extensiva na prevención de incendios forestais

Sonia Verdes acusa ao PP de renunciar á valorización do monte e do rural ao rexeitar esta proposta na Comisión de Agricultura

Critica a falla de medidas de restauración do Macizo Central Ourensán por parte da Xunta e advirte do reparto arbitrario de sementes a “ganderías amigas” logo dos lumes

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, propúxolle á Xunta a posta en marcha dun plan plurianual para a integración da gandaría extensiva na prevención de incendios forestais. Esta proposta, presentada na Comisión de Agricultura e incoporada como emenda a unha proposición non de Lei do BNG, foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista propuxo un plan “con efectos a medio prazo” e con “vocación de continuidade que permita resolver situacións de conflitividade que son a causa de moitos lumes no rural”. Explicou que esta iniciativa debe permitir “a convivencia das explotacións de gando en réxime extensivo no monte para loitar precisamente contra os incendios forestais”.

Ademais permitiría “optimizar os recursos do Plan de Desenvolvemento Rural a través do control da proliferación do mato cunha carga gandeira axeitada e implementando pastos de montaña que teñen demostrado que actúan como verdadeiros cortalumes naturais”. Verdes propón “o control da biomasa cunha carga gandeira axeitada e a rotura da continuidade do combustible forestal implantando pastos de montaña”.

Sonia Verdes criticou o recorte drástico nas axudas ás explotacións, que supoñen un 60 por cento dos seus ingresos, unido á privatización dos servizos públicos para unhas explotacións que “soportan as consecuencias da seca que agrava a situación marxinal na que se atopa o sector incrementada polas consecuencias dos incendios forestais”.

Chamou ao goberno galego a “que cumpran o que establece a Lei, que permitan as excepcións para pastorear nas zonas queimadas diante da falta de pastos para o gando, pero regulamentariamente co compromiso de rexeneración das zonas queimadas a través dunha carga gandeira axeitada”.

Explica que “non hai outra alternativa” para as explotacións que por actuar dentro da legalidade resultan “dobremente castigadas” polo desleixo da Xunta, xa que “loitaron solos fronte ás lapas e agora asumen importantes perdas pola falla de alimento para o gando”.

Macizo Central Ourensán

A responsable socialista criticou hoxe a falla de iniciativa da Xunta para recuperar as 20.000 hectáreas do Macizo Central Ourensán que arderon durante 20 días no pasado outono. Advirte que as preto de 5.000 explotacións afectadas primeiro tiveron que actuar en solitario fronte ao lume e agora afrontan as consecuencias da seca do pasado inverno fronte ao desleixo da Xunta.

Sinalou que “logo de mais de 6 meses de que os incendios devastaran o Macizo Central, non hai ningunha medida para a restauración medioambiental das zonas devastadas polas lapas, e os gandeiros continúan sen ningunha solución para garantir o acceso aos pastos para o gando” reclamada polos socialistas e que contempla a Lei de Incendios.

Acusou ao Goberno galego de “ofrecer e repartir sementes a 27 ganderías amigas”, e engadiu que “os amiguismos que benefician a uns poucos prexudican ao conxunto das 5.000 explotacións ás que o goberno galego castiga sen motivo aparente”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar