Propoñen un Plan de Emprego con 250 M€ de novos impostos a través dunha nova reforma fiscal

Propoñen un Plan de Emprego con 250 M€ de novos impostos a través dunha nova reforma fiscal

Propoñen un Plan de Emprego con 250 M€ de novos impostos a través dunha nova reforma fiscal

José Luis Méndez Romeu advirte que a Feijóo “gústalle mais a retórica do diálogo” que acadar acordos

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, anunciou hoxe a proposta de acordo para destinar 250 millóns de euros a un Plan de Emprego para Galicia. O responsable socialista presentou as propostas de Resolución presentadas no debate do Estado da Autonomía, nesta ocasión limitadas a 50 por imposición da maioría do PP.

Méndez Romeu explicou que os 250 millóns destinados a crear emprego procederán de novos ingresos fiscais, nomeadamente da compensación polo imposto aos depósitos bancarios ao que renunciou a Xunta, incrementar o IRPF ás rendas mais altas, o incremento do imposto do patrimonio, a revisión do imposto de sucesións e doazóns, un novo imposto ás grandes superficies, á banca e ás entidades que contaminen.

O parlamentario socialista defendeu o incremento da carga impositiva ás maiores rendas e criticou que o presidente da Xunta teña anunciado unha rebaixa do IRPF que significará “sete euros” aos beneficiados mentres impón un incremento do imposto de carburantes. Lembrou que este imposto indirecto supón “a discriminación real” das persoas, xa que terán que pagar o mesmo independentemente da súa renda.

Os socialistas galegos, explicou, concretaron a través de propostas de resolución as iniciativas de acordo coas forzas políticas presentes no Parlamento, tanto a nivel de emprego como para manter a titularidade galega de NGB. Méndez Romeu ratificou unha “saudable receptividade” diante dos anuncios do presidente da Xunta pero confesouse “consciente da pequena marxe real que ofrece ao acordo”.

Neste sentido, advertiu que a Feijóo “gústalle mais a retórica e a escenificación do diálogo que o diálogo mesmo”, xa que o interese demostrado na súa primeira intervención en acadar puntos de encontro “non se ten traducido en propostas concretas” para chegar a acordos. Dixo que agora é o goberno galego “quen ten que actuar, moverse e precisar ata onde quere chegar”.

Reforma do réxime local

O Grupo Socialista reclamoulle ao Parlamento que respalde a posición da Federación Galega de Municipios e Provincias –Fegamp- en contra do proxecto de reforma da Lei Reguladora de Bases do Réxime Local. Instou ao presidente da Xunta e ao PP a clarificar a súa posición, por canto mentres Feijóo “mantén unha posición oficial, a Deputación de Ourense ten a contraria e o goberno de España vai noutra dirección”.

Méndez Romeu considera que o Parlamento de Galicia debera apoiar expresamente a posición da Fegamp, que pide a paralización da reforma e a apertura dun proceso de diálogo.

En materia sanitaria, os socialistas reclaman “acabar cos mecanismos de pago pola atención sanitaria e a dispensación de medicamentos” na sanidade pública que considera “a imposición dun principio xeral de discriminación en todo o territorio do Estado”. Reclamou tamén o remate do modelo de financiamento público – privado nas infraestruturas sanitarias.

Os socialistas tamén reclaman que o modelo de financiamento autonómico prime os criterios de envellecemento e dispersión poboacional para beneficiar a Galicia, e reclamou o incremento do Fondo de Compensación Interterritorial e o un incremento mínimo do 30 por cento nos ingresos por transferencias correntes do Estado.

A propostas socialistas inclúen tamén a solución definitiva á fraude das participacións preferentes e obrigas subordinadas por parte de NGB, así como a garantía de que a entidade continúe financiando a obra social das caixas.

O Grupo Socialista propón tamén recuperar o gasto de I+D para que Galicia acade a media da UE, que os acordos sobre a Lei do Solo acaden o respaldo dunha maioría cualificada de dous terzos da Cámara, ademais de que os proxectos de explotación mineira teñan en conta o impacto medioambiental, impedindo situacións como a creada pola mina de Corcoesto.

Tamén instan a acadar un compromiso co cumprimento da Lei da Memoria Histórica e rexeitar as manifestacións que “defendan, lexitimen ou amparen aos réximes totalitarios como a ditadura franquista, así como todo acto ou apoio á calquera clase de violencia terrorista”.

As restantes medidas dos socialistas inclúen propostas para garantir a igualdade de oportunidades no acceso aos servizos públicos, así como os dereitos dos cidadáns a decidir sobre a interrupción do embarazo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar