Propoñen que os afectados das preferentes se consideren aforradores para que non asuman as perdas da banca e que o rescate sirva para devolverlle os cartos

Propoñen que os afectados das preferentes se consideren aforradores para que non asuman as perdas da banca e que o rescate sirva para devolverlle os cartos

Propoñen que os afectados das preferentes se consideren aforradores para que non asuman as perdas da banca e que o rescate sirva para devolverlle os cartos

Pachi Vázquez mantivo a maior reunión con afectados celebrada en Galicia, na que participaron 50 representantes das 18 plataformas e asociacións

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE adiantoulles unha batería de iniciativas e propostas que os socialistas defenderán no Parlamento Europeo, Cortes Xerais e Parlamento de Galicia

O PSdeG incluíu no debate sobre a Reforma do Sistema Financeiro o cambio das preferentes por depósitos líquidos nun prazo de seis meses

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, presidiu a que o socialista definiu como “a reunión máis importante celebrada en Galicia” con afectados das preferentes, e na que participaron, ademais dos responsables de Economía e Consumo e do portavoz parlamentario do PSdeG, máis de 50 representantes de 17 plataformas constituídas y la Asociación Galega de Afectados por “un timo masivo que afecta a toda España pero que ten o seu corazón en Galicia”, dixo en referencia á implicación nesta modalidade de estafa bancaria das caixas galegas fusionadas en Novagalicia Banco.

O líder dos socialistas galegos manifestou a súa fonda preocupación polo descontento xeneralizado dos afectados coa Xustiza e coa Administración e esixiron a Pachi Vázquez que se duplique o interese dos políticos sobre este asunto.

Neste sentido, o Presidente do Grupo Socialista trasladou ao grupo de afectados polas preferentes que o PSdeG-PSOE “xa está a traballar nesta dirección” a adiantoulles unha batería de iniciativas e propostas que os socialistas defenderán nos foros con representación, Parlamento Europeo, Cortes Xerais e Parlamento de Galicia.

A través do PSdeG, explicou Vázquez, se ten incluído no debate aberto entre os dous principais partidos sobre o real decreto de Reforma do Sistema Financeiro a “proposta dun troco das preferentes por depósitos líquidos nun prazo de seis meses”.

O Partido Socialista esixe tamén que, nas condicións do inminente rescate do sistema financeiro sexan recoñecidos como “aforradores”, afectados por esta estafa, e non como “inversores”.

A condición de “aforradores” é tamén importante para evitar que aos afectados das preferentes se lles penalice como consecuencia do rescate, xa que nas condicións do mesmo se contempla que os “inversores” asuman parte das perdas das entidades.

Os socialistas esixen que parte deste rescate se destine a devolver o diñeiro aos afectados das preferentes, “pois tense demostrado que son un activo tóxico máis, coma o ladrillo”, apunta Pachi Vázquez.

Ademais de “redobrar a presión parlamentaria”, o líder dos socialistas galegos tamén se comprometeu a falar coa Fiscalía para que “lle dean unha saída e a Xustiza determine dunha vez que foi unha estafa”.

Tamén propuxo “presionar sobre os reguladores”, Banco de España e Comisión Nacional do Mercado de Valores, para que expliquen os motivos polos que todos permitiron este fraude bancario e agora ninguén pode restituír aos afectados á situación previa ao engano” .

“Hai que habilitar unha fórmula para que estas 65.000 persoas teñan unha solución”, dixo o Secretario Xeral dos socialistas galegos, que avogou por un “gran acordo político” para resolver “o drama desta xente”, en moitos casos pasando escaseza pola lentitude da resposta da Administración e da Xustiza.

O líder dos socialistas galegos acusou a Feijóo de non asumir que é o Presidente da Xunta e que “hai xente desesperada” e que debe arranxar este asunto “mediante unha decisión política”. En referencia ás últimas mobilizacións dos afectados, Pachi Vázquez reprochou ao Xefe do Executivo galego que o problema xerado pola estafa das preferentes “non se resolve con cargas policiais ou pedíndolle a documentación á xente” e recriminou a Feijóo que “navegue” nas súas declaracións en lugar de procurar solucións “que non poden esperar”, “xa se acabou o momento das evasivas” , sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar