Propoñen detraer recursos dos gastos de gabinetes para a atención sociosanitaria da emigración e para aproveitar o potencial empresarial no exterior para a recuperación de Galicia

Propoñen detraer recursos dos gastos de gabinetes para a atención sociosanitaria da emigración e para aproveitar o potencial empresarial no exterior para a recuperación de Galicia

Propoñen detraer recursos dos gastos de gabinetes para a atención sociosanitaria da emigración e para aproveitar o potencial empresarial no exterior para a recuperación de Galicia

Marisol Soneira afirma que en momentos de crise as persoas deben ser prioritarias, por riba “doutras cuestións máis folclóricas e propagandísticas”

Os socialistas tamén queren dedicar recursos aos concellos, para a integración da inmigración e dos emigrantes con especiais dificultades

O Grupo Parlamentario Socialista presenta emendas que modifican os Orzamentos da Xunta de Galicia en materia de emigración en 2.846.499 euros. Este volume de recursos significa cambiar de aplicación unha porcentaxe do 30,77% dos recursos presentados polo Goberno de Alberto Núñez Feijoo.

Segundo explicou a parlamentaria Marisol Soneira as emendas socialistas van destinadas a incrementar as partidas para: convenios con entidades sanitarias e asistenciais dependentes da emigración galega, ou presten atención aos galegos residentes no exterior (988.416); Transferencias correntes/Apoio a inmigración e a emigración (1.498.083); e a creación do Programa de integración empresariado galego do exterior na economía produtiva de Galicia (360.000).

As emendas teñen por obxecto dotar de recursos a Sª Xeral de Emigración para que “priorice a atención sociosanitaria por riba doutras cuestión máis folclóricas e propagandísticas”, apunta Marisol Soneira. “En momentos de crise económica as persoas deben ser prioritarias”, afirma. Tamén dedican recursos á integración do potencial económico e emprendedor da rede de empresarios galegos no exterior para a súa implicación na recuperación económica de Galicia. A iniciativa socialista pretende incrementar os recursos para que os concellos poidan atender suficientemente a integración da inmigración e dos emigrantes con especiais dificultades.

Estas modificacións, propostas polo PSdeG-PSOE, non detraen ningún recurso dos programas fundamentais da Sª Xeral de Emigración xa que os fondos necesarios para mudar as contas que se presentaron ao Parlamento, saen dos “gabinetes discrecionais e dos gastos improdutivos” sinala a deputada socialista.

Soneira xustifica estas emendas porque os Orzamentos, en materia de Emigración, renuncian a integrar o potencial inmenso da nosa emigración nun proxecto colectivo e integrado da Galicia do Futuro. As contas da Xunta manteñen “as políticas choromiqueiras e caritativas tradicionais da dereita que fan innecesaria, de aplicarse tal como foron propostas, a propia existencia da Sª Xeral de Emigración”, afirma a portavoz de Emigración.

Para os socialistas non hai política para integrar o mundo empresarial da Galicia exterior na economía do país, salvo algunha que outra foto “que xa vimos en que quedou a perda do noso sistema financeiro”, reprochou Soneira.

Non hai unha sola medida para recuperar e integrar o patrimonio cultural, etnográfico, histórico e artístico da emigración... “que vai pasar co Centro Galego de La Habana cando se produzan os cambios políticos na illa?”, pregunta a socialista, que tamén quere coñecer que vai facer a Xunta para recuperar o Centro Galego de Bos Aires.

EVOLUCIÓN ORZAMENTARIA:

- 2009..............20.698.199
- 2012..............11.550.575
- 2013................9.256.809

OS RECURSOS PARA A EMIGRACIÓN REDUCÍRONSE NUN 55,28% CON RESPECTO A 2009, E O 19,86% CON RESPECTO OS DE 2012.

CURIOSAMENTE, A Sª XERAL DE EMIGRACIÓN MANTÉN UN GASTO DE 136.962,61 COMO PERSOAL DE GABINETE.

- 2009...............193.304,69 (0,93% do orzamento da Sª Xeral)
- 2012...............144.171,17 (1,25% do orzamento da Sª Xeral)
- 2013...............136.962,61 (1,45% do orzamento da Sª Xeral)

- Aumenta o gasto en persoal laboral onde gastan un 78,9% máis que nos orzamentos de 2009, e un 86,57% máis que en 2012:

- 2009................66.273, 41 (3)
- 2012................63.544,89 (3)
- 2013..............118.560,12 (5)

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar