Propoñen ao Consello de Contas unha fiscalización especial do concello de Santiago

Propoñen ao Consello de Contas unha fiscalización especial do concello de Santiago

Propoñen ao Consello de Contas unha fiscalización especial do concello de Santiago

González Santín valorou o traballo do Consello de Contas en nome do Grupo Socialista, reiterando a necesidade de que se acurten os tempos entre a entrega do informe e o exercicio analizado

Pediu a Luciano Fariña o seguimento da participación do IGAPE en empresas con dificultades e os motivos polos que logo rematan en procesos concursais

Os socialistas manifestan o seu interese por coñecer a opinión do Consello de Contas cómo afrontará a débeda a Xunta nos dous próximos anos así como o pago do Hospital de Vigo

O portavoz socialista na Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, Juan Carlos González Santín, ven de propoñer ao Conselleiro Maior, Luciano Fariña, unha fiscalización especial dos concellos que, polos seus problemas particulares, a xente cree que debe ter un “foco especial de control”, como o de Santiago.

No relativo ao eido municipal tamén coinciden co Conselleiro Maior na necesidade de seguir incidindo no estudo de “problemas recorrentes” como a ausencia de RPTs e un abuso do procedemento de pago extraxudicial.

A proposta de traballo do Consello de Contas, presentada hoxe polo seu titular no Parlamento, inclúe a fiscalización do IGAPE. Os socialistas recomendan a inclusión do análise das participacións do IGAPE en empresas con dificultades económicas e informar sobre a situación en que quedan estas empresas xa que “moitas destas empresas rematan en procedementos concursais ou que non chegan a bo fin”.

González Santín manifestou o acordo coa fiscalización proposta polo Consello de Contas para o Sergas, especialmente o relativo á comparativa entre a xestión pública e os convenios de colaboración “creemos fundamental o análise do Consello de Contas, como leva facendo nos últimos anos”, dixo o deputado socialista.

Como en outras ocasións, os socialistas reiteraron que no análise da conta xeral sería bo axustar máis o tempo de entrega e o do exercicio analizado. “Entendemos os prazos legais pero teríamos que tender a reducir os prazos”, insiste González Santín.

Os socialistas pediron tamén conformidade ao Conselleiro Maior para que, nas entidades instrumentais da Xunta se puidera, de forma paulatina, incluír o control financeiro permanente para un control mais regular e axeitado.

Salientou o incremento desde 2008 da débeda pública da Comunidade Autónoma se viu incrementada de 3954 Millóns de euros a mais de 7000 M€. Soben os tipos de xuro e se necesitan instrumentos de cobertura como os SWAPs. As amortizacións de débeda da Xunta para 2013 é de 466 M€ e para os dous seguintes, 1000M€. As colaboracións publico privadas, en concreto o Hospital de Vigo, vai incrementar esta débeda. Moi probablemente a Xunta terá que recorrer a unha nova emisión de débeda con tipos de xuro superiores, “polo que nos gustaría que o Consello de Contas nos dixera como vai a afectar ao futuro das contas da Comunidade”, propuxo o socialista.

Respecto á análise das eleccións autonómicas, o Grupo Socialista solicitou do Consello de Contas que fixera fincapé na súa fiscalización e análise nos gastos de publicidade dos partidos e se contrastase este cos gastos en publicidade da Xunta ata os seis meses posteriores.

González Santin fixo referencia á sinatura de 1664 convenios por parte da Xunta, en 2012.Destes, 860 con corporacións locais, 32 con medios de comunicación e 21 co Estado, 5 con outras CCAA e 756 con diversas entidades. O portavoz socialista propuxo ao Conselleiro Maior a fiscalización destes convenios agás os que non teñan contía económica que analizar.

Finalmente, o deputado lugués compartiu con Fariña a dúbida do Grupo Socialista sobre a eficacia, eficiencia e o volume dos entes instrumentais da Xunta, a quen preguntou sobre a posibilidade de que moitas das labores encomendadas as poderían acometer as propias consellerías, acadándose un aforro significativo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar