Propoñen a reforma do regulamento do Parlamento para habilitar o voto telemático nos casos de embarazo, maternidade, paternidade ou enfermidade grave nos deputados e deputadas

Propoñen a reforma do regulamento do Parlamento para habilitar o voto telemático nos casos de embarazo, maternidade, paternidade ou enfermidade grave nos deputados e deputadas

Propoñen a reforma do regulamento do Parlamento para habilitar o voto telemático nos casos de embarazo, maternidade, paternidade ou enfermidade grave nos deputados e deputadas

Carmen Cajide fai un chamamento ao consenso entre os grupos parlamentarios para habilitar esta modificación regulamentaria que “remate coa histórica relegación da muller”

A portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Cajide, anunciou a proposta de reforma do Regulamento do Parlamento para habilitar o voto telemático dos deputados e deputadas nos casos de embarazo, maternidade, paternidade ou enfermidade grave.

Cajide chama ao consenso dos tres grupos parlamentarios para “remediar coa histórica relegación da muller, adaptarse aos novos tempos rexeitando calquera posición discriminatoria derivada daquela condición”. Así, esta reforma sinala que a Mesa da Cámara poderá, “logo de escrito motivado”, autorizar esta modalidade de voto nas sesións plenarias e naquelas votacións nas que a deputada non poida ser substituída.

Os socialistas propoñen que o parlamentario ou parlamentaria curse a oportuna solicitude “mediante escrito dirixido á Mesa da Cámara, quen lle comunicará a súa decisión precisando, se é o caso, as votacións e o período de tempo no que poderá emitir o voto mediante o devandito procedemento”.

A responsable socialista explica que o voto “deberá ser verificado persoalmente mediante o sistema que para tal efecto estableza a Mesa e obrará en poder da Presidencia da Cámara con carácter previo ao inicio da votación correspondente”. Ademais, esta proposta inclúe que “todas as referencias que realiza o Regulamento do Parlamento ás persoas de xénero masculino, se entenderán realizadas ás persoas de ambos xéneros”.

Cajide sinala que dende a aprobación do Regulamento do Parlamento, aprobado o 1 de setembro de 1983, “avanzouse na concienciación social, especialmente sensible no ámbito da discriminación de xénero, que non tolera que as circunstancias derivadas da maternidade ou paternidade biolóxica ou adoptiva poidan erixirse en obstáculos para a actividade pública e profesional".

Sen embargo, continúa, “o certo é que as medidas adoptadas na esfera laboral non se aplicaron en relación coa actividade política, fundamentalmente no que se refire ás deputadas”. Esta proposta, subliña, está dirixida a acadar o acordo entre as tres forzas parlamentarias para superar esta situación no sentido que se deron “importantes pasos noutras institucións parlamentarias”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar