Propoñen a declaracion do "Día das Letras non impresas" pola falla de apoio da Xunta á edición literaria en galego

Propoñen a declaracion do "Día das Letras non impresas" pola falla de apoio da Xunta á edición literaria en galego

Propoñen a declaracion do "Día das Letras non impresas" pola falla de apoio da Xunta á edición literaria en galego

O portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Francisco Caamaño, interveu no Pleno do Parlamento dous días antes do Día das Letras Galegas para propoñer un “Día das Letras Galegas non impresas”, diante da falla de apoio do goberno galego diante da caída da edición literaria en galego. Presentou unha proposición non de Lei de apoio á produción literaria en galego que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista advertiu que “a edición literaria e o PP atópanse en frontes opostos” ao desenvolver unha “política contraria ao desenvolvemento editorial de Galicia. Así o dixo logo do rexeitamento a esta proposta, que coincide co rexeitamento recentemente, en Comisión parlamentaria, a unha proposta socialista para editar a obra literaria do poeta Florencio Delgado Gurriarán.

Caamaño propuxo a conmemoración do “día no que debiamos ter unha edición a lingua galega e a nosa expresión e non a temos” pola oposición do PP e da acción política do goberno galego. Sinalou que mentres a edición en castelán en Galicia mantense, e Cataluña e o País Vasco incrementan a edición na súa lingua propia, en Galicia “non somos quén de parar a sangría”.

Advertiu que “as cifras traizoan a aparente boa xestión do goberno galego” no fomento ao libro e á lectura en galego, xa que “incomprensiblemente, cantos mais plans de apoio se realizan, mais descende a edición en galego”. Dixo que as cifras evidencian o fracaso da xestión do goberno galego, que diminúe cada vez mais os orzamentos para cultura e renuncia a coordinar o labor editorial cos concellos.

Sinalou que mentres nos últimos 30 anos a edición en galego “creceu de xeito progresivo” pasando de 187 títulos ao ano en 1980 a 2.544 en 2010, a partir de 2004 estabilizouse en torno aos 2.000 ata a chegada da crise, de acordo coa Asociación Galega de Editores.

Así, en 2011 a edición baixou un 28,88 por cento, e a edición en galego un 16,3 por cento, e puntualizou que mentres a edición privada supuxo o 90,37 por cento, a edición pública acadou o mínimo histórico, co 9,35 por cento. Lamentou que a edición realizada pola Xunta, incluíndo o Consello da Cultura Galega, descendeu un 39,28 por cento, de xeito que “o esforzo editorial da Xunta en lingua galega foi nese ano o 0,8 por cento do esforzo total”.

Proposta

Os socialistas propuxeron hoxe a creación dun fondo público específico de apoio ao libro e á lectura, que apoie aos creadores e editores para que poidan difundir o galego “en soporte papel ou dixital”. Reclamoulle ao goberno galego que se sitúe “á vangarda do apoio aos creadores” en galego como medida para “permitir aos cidadáns de Galicia que exerzan o seu dereito á propia cultura”.

Tamén propuxo a creación dunha “liña de crédito específica para as empresas que se comprometan a editar en galego”, impulsando así a edición na lingua propia de Galicia permitindo tamén a mellora da rede bibliotecaria, especialmente da rede de bibliotecas escolares.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar