Propoñemos medidas audaces para a igualdade, ante a retórica sen políticas do PP

Propoñemos medidas audaces para a igualdade, ante a retórica sen políticas do PP

Propoñemos medidas audaces para a igualdade, ante a retórica sen políticas do PP

O grupo parlamentario socialista celebrou esta mañá unha xornada sobre igualdade na que reivindicaron o “fito” da lei de igualdade no traballo aprobada polo goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño, que este mes cumpre dez anos, e as distintas actuacións dese executivo en materia de igualdade. “Non debemos esquecer o que fixemos, non é verdade que todos os gobernos sexan iguais; reivindiquémolo e actualicémolo”, afirmou o portavoz Xoaquín Fernández Leiceaga, quen destacou que “o PP comparte a retórica da igualdade, pero esa retórica non se acompaña de políticas, e esa é a diferenza entre uns e outros”.

Leiceaga recolleu varias ideas esbozadas ao longo da xornada e pediu medidas “audaces” para “ir máis aló do establecido”. Así, pediu mirar cara o modelo sueco que establece que os homes estean obrigados a ter catro meses de permiso de paternidade igual que as mulleres, para que o tratamento a nivel laboral sexa igualitario, e do mesmo xeito, que os días de asuntos propios teñan en conta o coidado dos fillos e sexan asignados á metade entre homes e mulleres.

Por outra banda, pediu que se incorpore a perspectiva de xénero desde o comezo da elaboración dos Orzamentos da Xunta, e non quede nun informe “que é unha mera formalidade” como sucede agora. “Queremos que na consellería de Facenda exista unha unidade que desde o principio da formulación das contas teña en conta a perspectiva de xénero, como sucede en Suecia, Australia, Austria, Berlín, ou en España en comunidades como Andalucía”, dixo. Tamén esta perspectiva de xénero debe estar recollida en todas as estatísticas que realiza o goberno autonómico para “facer emerxer a realidade” das mulleres de cara á opinión pública.

“Feijóo leva dous anos sen desenvolver a lei do 2015 para un plan de emprego feminino, non hai sesgos en contra da contratación a tempo parcial das mulleres nin un plan de igualdade nas empresas públicas”, exemplificou, polo que chamou a “situar a igualdade no punto de mira da sociedade a través da caixa de resonancia do Parlamento”, e tarballar para que “as declaracións de principios se convirtan en prácticas efectivas”.

Nas dúas mesas da xornada participaron Pilar Cancela, presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso, María Debén, delegada da Consellería de Traballo na aprobación da lei de 2007, Rosa Arcos, presidenta de Fademur, Laura Seara, ex-secretaria de Estado de Igualdade, Rosa Gómez, presidenta de Teenses pola Igualdade e unha das primeiras deputadas na Cámara galega, e Olga Patiño, presidenta do Obsevatorio de Igualdade da Coruña. A portavoz de Igualdade no Parlamento, María Pierres, e a viceportavoz primeira dos socialistas, Patricia Vilán, presentaron e moderaron as mesas de debate.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar
Pechar

Escribe o teu nome de usuario ou o teu enderezo de correo. Recibirás por correo unha ligazón para creares un novo contrasinal.

Pechar

Pechar