Promesas baleiras para o centro de educación especial Infanta Elena

Promesas baleiras para o centro de educación especial Infanta Elena

Promesas baleiras para o centro de educación especial Infanta Elena

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, levou hoxe por terceira vez ao Parlamento a situación das familias do centro de educación especial Infanta Elena de Monforte, que teñen que cambiar aos alumnos de centro ao cumprir os 21 anos. Docasar presentou unha pregunta oral na Comisión de Educación na que advertiu contra as “promesas baleiras” do goberno que “moito me temo que quedarán en nada despois das eleccións do domingo”.

O responsable socialista advertiu que a situación “leva demasiado tempo sen resolver” e esixiu unha “solución xusta e consensuada coas familias destes rapaces e rapazas”, mentres o goberno e a candidata do PP á alcaldía “lávanse as mans e botan balóns fora”.

Mentres, os rapaces teñen que afrontar, chegados os 21 anos, á perda das destrezas e habilidades adquiridas na súa formación, ao ser abandonados á súa sorte e obrigados a desprazarse lonxe dos seus fogares na procura doutra praza nunha residencia diferente.

Docasar advertiu que “non estamos ante un problema de cartos, senón ante un problema de falta de sensibilidade e de xustiza social” e afeoulle ao goberno galego que careza da vontade de axudar a estas familias que realmente o necesitan. Afeoulles que “hai catro anos si que tiveron a sensibilidade de investir 4,5 millóns de euros para facer un hotel en Sober, que hoxe está pechado e en concurso de acredores”.

Solucións

O portavoz de Educación do Grupo Socialista esixiulle ao goberno que preste atención ás posibles solucións postas enriba da mesa pola comunidade educativa do centro, que pasan por poñer en marcha unha nova residencia ou acondicionar algún edificio da cidade para poñer en marcha esta nova residencia.

A última das propostas pasa por acondicionar o actual colexio Infanta Elena como Centro de continuidade, para o que contan coa vontade da dirección e cos terreos dispoñibles que farían viable esta solución.

Acusou ao goberno galego de “cometer unha enorme discriminación coas persoas mais débiles”, ás que a única vía que se lles ofrece é “envialos a algunha macroresidencia, se é que atopan praza e poden pagar”, mentres os responsables da Xunta “miran para outro lado” fronte a unha “demanda totalmente xusta e que merece ser solucionada dunha vez por todas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar