O profesorado de Bacharelato descoñece a estrutura e contido das probas de acceso á Universidade deste curso

O profesorado de Bacharelato descoñece a estrutura e contido das probas de acceso á Universidade deste curso

O profesorado de Bacharelato descoñece a estrutura e contido das probas de acceso á Universidade deste curso

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, alertou hoxe de que o profesorado e o alumnado de segundo de Bacharelato volve a comezar o curso descoñecendo o contido e estrutura das probas de acceso á Universidade. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei na Comisión de Educación na que lle reclamaba á Xunta que informe aos centros sobre as probas, pero que foi vetada polo PP.

O responsable socialista advertiu que, logo de ter adiado a estrutura e contido das probas do curso pasado ao actual, o goberno corre o risco de repetir este ano a situación caótica que se viviu a finais do curso anterior, cando os profesores e os alumnos descoñecían como serían as probas ata semanas antes da convocatoria.

Sinalou que daquela viviuse unha situación “dramática” sen antecedentes nos 38 anos anteriores, e engadiu que “non se debera volver a producir” un problema que ben pode ser resolto polo goberno galego. A día de hoxe, resumiu, “o profesorado de segundo de Bacharelato non sabe, co curso xa iniciado, como van ser as probas deste curso”.

Os socialistas reclamaran pedirlle ao Goberno galego que “de xeito inmediato, informe aos centros educativos de como van ser as probas da Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade –ABAU- do alumnado que está a cursar segundo curso de Bacharelato neste momento”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar