Procedemiento de voto nos países de residencia para residentes ausentes

Procedemiento de voto nos países de residencia para residentes ausentes

Se es cidadán da Unión e vives noutro país da UE, tes dereito a votar e a presentar a túa candidatura nas eleccións ao Parlamento Europeo que se celebren nese país.

Inscrición no censo electoral
Para votar nas eleccións ao Parlamento Europeo do país onde vives, tes que manifestar a túa intención de facelo e solicitar a inscrición no censo electoral.

Os prazos de inscrición de cada país reflíctense no seguinte mapa:

mapa_voto_europeas

Ao inscribirte para participar nas eleccións ao Parlamento Europeo tamén terás que asinar unha declaración comprometéndote a non votar máis dunha vez na mesma convocatoria electoral.

Condicións para votar

Como cidadán da UE, as condicións para votar serán as mesmas que as aplicables aos cidadáns do país no que vives. Se a eles se lles esixe ter vivido nese país ou municipio durante un determinado período de tempo para poder votar, ti estarás na mesma situación.

Non obstante, tamén deben terse en conta os períodos que pasases noutros países da UE distintos do teu.

Nos países da UE onde máis do 20% do electorado total non teña a nacionalidade dese país poden aplicarse normas especiais. Nestes casos, o país anfitrión pode esixirche un período de residencia máis longo para poder participar nas eleccións ao Parlamento Europeo. Hoxe en día, o único país destas características é Luxemburgo.

Voto obrigatorio

Se o voto nas eleccións ao Parlamento Europeo é obrigatorio no país onde vives e, unha vez rexistrado, te deches de alta no censo electoral, estarás obrigado a votar nas eleccións, ao igual que os cidadáns dese país.

O voto é obrigatorio nos seguintes países da UE: Bélxica, Chipre, Grecia e Luxemburgo.

Documento en español. Descargar

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar