Procedemiento de voto en España para residentes ausentes

Procedemiento de voto en España para residentes ausentes

Requisitos

  • Ser español e ter máis de 18 anos
  • Residir no estranxeiro
  • Estar inscrito na oficina consular no Censo CERA

 

Procedemento

  • Solicitude de voto dirixida á correspondente Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral, pódese solicitar dende o 2 de abril ata o 26 de abril por correo ou vía fax.

Impreso de solicitude. Poderá recollerse nas Oficinas Consulares ou descargarse da web do INE (www.ine.es), Ministerio de Asuntos Exterior e de Cooperación (www.exteriores.gob.es), Ministerio do Interior (http://elecciones.interior.es) ou a continuación:

  • As direccións e fax das oficinas do censo electoral. Descarga AQUÍ

Será remitido a todos os españois inscritos no Censo, sen prexuízo de encontrarse dispoñible nas dependencias consulares e de poder obterse a través de internet dende o 2 de abril. Ao impreso hai que acompañalo unha fotocopia do pasaporte ou do Documento Nacional de Identidade (DNI) expedidos polas autoridades españolas, ou certificación de nacionalidade ou de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular (RMC) expedido polo Consulado de España no país.

Recibida a solicitude, as Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral remitirán a Documentación Electoral á dirección da inscrición do elector, ata o 5 de maio naquelas provincias onde non tería sido impugnada a proclamación de candidatos, e nas restantes, ata o 13 de maio:

Documentación electoral.
As papeletas e o sobre ou sobres de votación; dous certificados idénticos de estar inscritos no Censo de Residentes Ausentes; un sobre no que debe figurar a dirección da Xunta Electoral competente; e outro sobre coa dirección da Oficina Consular de Carreira ou Sección Consular da Misión Diplomática na que están inscritos.

O voto poderá realizarse por correo ou en urna. O elector decide.

1. Voto por correo. Pode envialo ata 20 de maio.
Para realizar o voto por correo deberán enviar todo a documentación electoral nun sobre dirixido á Oficina Consular de Carreira ou Sección Consular da Misión Diplomática á que o elector estea adscrito, por correo certificado.

Dentro, o elector debe incluír un sobre dirixido á Xunta Electoral competente, onde irán os sobres de votación; o certificado de estar inscrito no censo, e a fotocopia do pasaporte ou do D.N.I expedidos polas autoridades españolas ou, no seu defecto, certificación de nacionalidade ou certificación de inscrición no R.M.C.

2. Voto en urna. Debe exercelo os días 21, 22 e 23 de maio.
Os electores que opten por depositar o voto en urna, entregarán persoalmente os sobres naquelas Oficinas ou Seccións Consulares nas que estean inscritos ou nos lugares que para tal efecto se habiliten para iso.

Identificaranse ante o funcionario co pasaporte, o D.N.I, ou a certificación de nacionalidade ou de inscrición no R.M.C, entregará un dos certificados de inscrición no CERA previamente recibido, e depositará o sobre dirixido á Xunta Electoral competente unha vez que o funcionario estampe nel o selo da Oficina Consular coa data do seu depósito.

Documento en español. Descargar

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar