Procedemiento de voto de Residentes Temporalmente no Estranxeiro / Erasmus

Procedemiento de voto de Residentes Temporalmente no Estranxeiro / Erasmus

Requisitos:

  • Ser español e ter máis de 18 anos
  • Encontrarse temporalmente no estranxeiro, entre a convocatoria do proceso electoral e a celebración das eleccións, por exemplo ERASMUS
  • Inscribirse no Rexistro de Matrícula Consular como non residentes.

Procedemento:

  • Solicitude de voto.

Impreso de solicitude. Poderá recollerse nas Oficinas Consulares ou descargarse da web do INE (www.ine.es ), Ministerio de Asuntos Exterior e de Cooperación (www.exteriores.gob.es), Ministerio do Interior (http://elecciones.interior.es) ou a continuación:

Impreso de solicitude. Descargar AQUÍ

Folla Informativa INE Descargar AQUÍ

Encher a solicitude de voto para exercer o dereito de sufraxio dende o estranxeiro dirixido á correspondente Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral, antes do 26 de abril.

A solicitude debe entregarse persoalmente na Oficina Consular ou Embaixada, identificándose mediante DNI ou Pasaporte, debendo comprobar o funcionario consular a inscrición no Rexistro de Matrícula Consular como non residente e a coincidencia da firma.

  • Envio da documentación para a votación

A Delegación Provincial da Oficina do Censo enviará ao interesado, ao domicilio no estranxeiro indicado na solicitude, o Certificado de inscrición no censo, así como as papeletas e sobres de votación, un sobre no que debe figurar a dirección da Mesa Electoral correspondente, e unha folla explicativa entre o 29 de abril e o 5 de maio por correo certificado, a documentación necesaria para que poida emitir o seu voto. Este prazo pode ampliarse ata o 13 de maio no caso de haber impugnación de candidatos.

  • Votación

O elector escollerá a papeleta de voto de cada unha das candidaturas elixidas elixida, introduciraa nos sobre e pecharaos. Introducirá os sobres de votación e o certificado do censo no sobre dirixido á Mesa e remitirao por correo certificado antes do 21 de maio.

Documento en Español. Descargar

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar