Privatización masiva de garderías

Privatización masiva de garderías

Privatización masiva de garderías

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe ao goberno galego de ter anunciado como novas prazas de gardería o que en realidade é “a privatización de 2.000 prazas de depósitos de nenos e nenas”. Gallego presentou unha batería de iniciativas en resposta ao anuncio do último Consello da Xunta para reclamar a xestión pública destes centros educativos.

Gallego acusou ao presidente da Xunta de “deslizarse paseniñamente trasladando ao sector privado o que deben ser os servizos públicos”. Por este motivo ten incrementado os prezos das escolas infantís “de xeito escandaloso” e dificultando o acceso ás persoas con menos recursos ata o punto de que “nalgúns concellos de Galicia xa resulta máis rendible acudir ás escolas privadas que a centros públicos”.

A deputada socialista sinala que as novas prazas para o curso 2016-17 e a liña de axudas para que as empresas que xestionan os polígonos poidan xestionar as escolas “en román paladino significa o financiamento de novas escolas ou novas prazas cuxa xestión será privada”. En lugar de centros educativos para integrar no sector público, dixo, constituirán “simples lugares onde depositar aos nenos e nenas”.

Gallego acusou ao presidente da Xunta de “presumir de novas prazas en garderías mentres pecha e desmantela as escolas infantís públicas, infradotadas de persoal, amortizando prazas, diminuíndo ao persoal, negándose a incorporar a parella educativa e deteriorando a calidade do servizo”.

Lembra que “das máis de 60 escolas infantís públicas rematadas dende que goberna Feijóo, practicamente todas elas foron construídas polos concellos con financiamento da Xunta entre os anos 2006 e 2009, por un goberno cun presidente socialista, e financiadas en parte por convenios entre o Consorcio Galego de Benestar e os concellos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar