Privatización de servizos no Sergas por 73 millóns de euros

Privatización de servizos no Sergas por 73 millóns de euros

Privatización de servizos no Sergas por 73 millóns de euros

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, esixiu hoxe “unha explicación urxente” da Xunta sobre a privatización de servizos do Sergas por 73 millóns de euros, no que os socialistas cualifican como “un paso mais no grave desmantelamento histórico e sen precedentes do sistema de sanidade público de Galicia”.

 

Acuña reclamou que “os máximos responsables do Goberno galego saian hoxe mesmo, sen demora, a dar unha explicación sobre esta decisión”, tras coñecerse a contratación privada de toda a tecnoloxía sanitaria para servizos como raios, cateterismos, medicina nuclear ou radioterapia.

 

A alerta chega tras a publicación no DOG, o pasado 24 de setembro, dunha resolución na que a Xunta anuncia “a contratación de colaboración entre o sector público e o sector privado para dispoñer dunha solución global que cubra as necesidades de realización de probas e procedementos de diagnóstico por imaxe (raios), intervencionismo (casos como os cateterismos), medicina nuclear e radioterapia”, por un valor de 73.000.000 de euros e co procedemento de “diálogo competitivo”, polo que a Xunta xustifica que non haxa cláusulas administrativas nin prescricións técnicas no proceso de contratación.

 

“Ao tratarse dun contrato de colaboración entre o sector público e o sector privado os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas foron substituídas por un documento descritivo e un programa funcional”, explican no DOG.

 

Ocultación dunha decisión “trascendental para Galicia e o seu sistema de saúde”

 

A socialista Carmen Acuña pregúntase “como é posible que o Goberno de Feijóo non se teña pronunciado nin explicado publicamente unha decisión de tal calado e trascendental para Galicia e o seu sistema de saúde”, e adianta que o PSdeG levará a cabo diversas iniciativas para “impedir que a dereita acabe cos servizos públicos e tome decisións irreversibles para Galicia e para a cidadanía”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar