Privatización da radioloxía e os servizos de alta tecnoloxía na sanidade pública galega

Privatización da radioloxía e os servizos de alta tecnoloxía na sanidade pública galega

Privatización da radioloxía e os servizos de alta tecnoloxía na sanidade pública galega

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, acusou  ao PP e á Consellería de Sanidade de privatizar os servizos de radioloxía e outros con alta tecnoloxía da sanidade pública galega.

Fernández lembrou que o PP aprobou no parlamento o pasado martes unha PNL que insta á Xunta a implantar “un modelo de xestión que permita renovar a alta tecnoloxía dos centros hospitalarios na Comunidade” .

O responsable socialista denuncia que esta PNL “é o primeiro paso para a privatización dos servicios de radioloxía da nosa comunidade”. Lembra que o portavoz do PP recoñeceu no debate de dita PNL que serán empresas privadas as que elixiran a tecnoloxía que levaran os centros hospitalarios e os centros de saúde encargándose ademais do mantemento.

“Esta medida, ademais de poñer en risco o Sistema Sanitario Público e ser o primeiro paso para a privatización dos servicios clínicos, remata cunha maneira de facer e traballar que viña caracterizando a forma de contratar a tecnoloxía”, sinalou Fernández.

Apuntou que “ata de agora, para a renovación da alta tecnoloxía contratábase unha mesa técnica composta por xefes de servicio, facultativos e técnicos de Telemediciña do SERGAS que elaboraban informes e determinaban cal era a mellor tecnoloxía de entre as ofertadas”. Pola contra, “a  partir de agora serán as empresas privadas as que propoñan a alta tecnoloxía dos  servicios de radioloxía e de laboratorio dos centros sanitarios públicos”, denunciou.

Custo

Fernández esixiu ademais a Sanidade “que explique cantos millóns de euros custará esta medida, xa que é un modelo similar ao PFI utilizado para a construcción do Hospital de Vigo, cuxo custo será cinco veces superior ao que estaba previsto”.

O responsable socialista preguntou ademais á conselleira si a Xunta pagará por cada proba diagnóstica que se faga con esta tecnoloxía, e si unha vez amortizada pola empresa privada pasará á propiedade pública; si os técnicos serán tamén da empresa privada e si dependerán de ditas empresas os facultativos que fagan as probas.

Neste senso, lembrou que na pasada lexislatura iniciouse un proceso de renovación de alta tecnoloxía “a través de compras centralizadas, o que permitiu un importante aforro para as arcas públicas, e fixo posible a adquisición da tecnoloxía máis moderna –como no caso dos TAC- a un custo menor que si as compras fosen individuais”.

Por todo elo, Fernández esixiu ao Goberno de Feijóo “que rectifique e que non inicie a privatización destes servizos hospitalarios, porque os traballadores da sanidade pública non necesitan de empresas privadas para xestionar estes servicios”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar