Prezos sostibles para o leite galego

Prezos sostibles para o leite galego

Prezos sostibles para o leite galego

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, e a deputada no Congreso Margarita Pérez Herraiz presentaron unha serie de iniciativas diante da crise do sector lácteo galego, que afronta a chegada da primavera sendo os que menos cobran de toda a UE “sen ningún tipo de reacción política” por parte dos gobernos central e autonómico.

Os socialistas presentarán na Comisión de Agricultura do próximo mércores unha proposición non de Lei para reclamar prezos “sostibles” aos produtores de leite e a revisión e actualización dos prezos do leite en po e da mantequilla. Actualmente este leite está a ser pagado a 17 céntimos o litro, moi por debaixo dos entre 28 e 34 que custa a súa produción.

Reclaman ademais a imposición de sancións para o cumprimento do sector lácteo coa publicación dos prezos de compra por parte da industria e da distribución, así como a través dun Plan de Inspeccións nas superficies comerciais e de control das importacións. Ademais, pedirán a creación dunha subcomisión de Estudo sobre a situación do sector na que participen “tódalas partes implicadas” e que permita achegar solucións.

Ademais, pedirán a comparecencia do presidente da Xunta no Parlamento de Galicia para responder do desleixo do Executivo autonómico diante da peor crise para o sector que supuxo o peche de 897 explotacións só entre novembro e xaneiro. García considerou “incomprensible” que o goberno galego “continúe un ano despois sen tomar ningunha decisión nin aplicar ningunha política fronte á desaparición do sistema de cotas”.

Pablo García cualificou neste sentido de “auténtica barbaridade” que a conselleira de Agricultura responsabilice aos gandeiros do escaso asociacionismo e, polo tanto, dos abusos da industria. Sinalou que “o que fixo foi recoñecer a inoperancia e incompetencia estrema do goberno galego” logo de “demostrar que non foi quén de facer absolutamente nada fronte á liberalización do mercado do leite”.

Censuraron así a “impasibilidade” do Executivo autonómico fronte ao peche constante de explotacións, a que industria obriga a vender leite por debaixo de custe e a que o Ministerio “o único que fai é anunciar o peche de 5.000 ou 6.000 explotacións en todo o Estado”.

PIB

Pérez Herraiz, pola súa banda, sinalou os últimos datos oficiais do INE que sinalan a difícil situación do sector primario en Galicia. Así, o PIB do sector da agricultura, gandería, silvicultura e pesca subiu en España un 3,2 por cento en Galicia baixou un 3,4 por cento, máis de seis puntos de diferenza co resto o Estado.

Os datos, dixo, reflicten a importancia do sector primario para Galicia, xa que mentres representa o 2,3 por cento do PIB en toda España, nesta Comunidade Autónoma o seu peso duplícase, chegando ata o 4,6 por cento.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar