Presunto acto de prevaricaricación administrativa na concesión de axudas para a paralización de actividade pesqueira

Presunto acto de prevaricaricación administrativa na concesión de axudas para a paralización de actividade pesqueira

Presunto acto de prevaricaricación administrativa na concesión de axudas para a paralización de actividade pesqueira

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, advertiu hoxe dun “presunto acto de prevaricación administrativa” por parte da Xunta nunha recente concesión de axudas para a paralización da actividade pesqueira.

Val explicou en rolda de prensa que o pasado 15 de abril publicáronse no DOG as bases para a concesión dunhas axudas para a paralización de actividade de buques pesqueiros, cun orzamento de 13.299.400 euros e cofinanciadas nun 75% co Fondo Europeo de Pesca.

“Agora vemos que vinte dos trinta posibles buques beneficiados da lista provisional son palangreiros de superficie, cando o seu plan de axuste rematou o pasado 31 de decembro, debido a que o secretario xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro, envioulles unha circular posterior á publicación das bases oficiais das axudas”, afirmou o deputado socialista.

“Trátase dunha actuación fraudulenta, xa que unha circular non pode modificar as bases oficiais das axudas e determinados palangreiros de superficie presentaron a solicitude antes de recibir o documento do secretario xeral, polo que podemos estar nun caso de información privilexiada”, apuntou José Ramón Val.

O portavoz de Pesca socialista considera que “a Xunta do PP ten que explicar cales foron os criterios utilizados, por que beneficiou ao palangre de superficie cando o seu plan de axuste rematou en decembro de 2013 e como é posible que unha circular deixe sen efectividade unha orde oficial de axudas con fondos europeos”.

“A decisión da Xunta é nula a dereito e vulnerou os principios de transparencia, obxectividade e igualdade de oportunidades, favorecendo a buques que xa non podían optar ás axudas”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar