O presidente do Parlamento négase a entregarlle aos portavoces un suposto informe para regular os debates

O presidente do Parlamento négase a entregarlle aos portavoces un suposto informe para regular os debates

O presidente do Parlamento négase a entregarlle aos portavoces un suposto informe para regular os debates

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe que o presidente do Parlamento se negara a entregarlle aos deputados e deputadas un suposto informe ao que se restrinxiu para limitar o debate parlamentario na sesión de control ao presidente. Así o dixo logo dunha Xunta de Portavoces convocada a instancias da oposición para denunciar o trato desigual nos debates a favor do presidente da Xunta.

O responsable socialista advirte de que resulta “metafísicamente imposible acatar as conclusións dun informe que descoñecemos, e quen o usa fai todo o posible para que non o coñezamos, ese –informe- non ten ningún valor”. Sinalou que “se se trata de utilizar un informe dos servizos da Cámara para saber ata onde podemos chegar no debate sen ser chamados á orde o mínimo é coñecelo”.

Apunta que “unha vez que o presidente do Parlamento fai público no Pleno a solicitude deste informe aos servizos xurídicos, debera facérmolo chegar porque vai afectar ao exercicio dos nosos dereitos parlamentarios”.

Lei do embudo

Fernández Leiceaga acusou ao presidente da Cámara de impoñer a “Lei do Embudo nos debates parlamentarios: moi ancha para algúns e estreita para outros”. Criticou que utilice “un límite moito máis estrito para os portavoces da oposición e unha interpretación extremadamente laxa para o presidente da Xunta, que non ten rubor nin empacho ao verter conceptos moito máis duros que os portavoces da oposición sen que pase nada”.

Advertiu que esta dobre vara de medir “perturba o debate e desequilibra” as sesións de control, polo que os socialistas galegos amosáronse “a favor de manter o debate nos límites que manda o Regulamento pero facelo dun xeito equilibrado”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar