Presidencia da Xunta debe considerar asumir a dirección funcional das emerxencias

Presidencia da Xunta debe considerar asumir a dirección funcional das emerxencias

Presidencia da Xunta debe considerar asumir a dirección funcional das emerxencias

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, propuxo hoxe a Presidencia da Xunta que “reflexione sobre asumir a dirección funcional de emerxencias”, e urxiu a investigar as causas que propiciaron a vaga do pasado día 15. Así o dixo no debate en Comisión dos orzamentos da secretaría xeral de Presidencia do Goberno galego.

Lembrou a Lei de Emerxencias de Galicia, que dispón que o presidente da Xunta “en tanto que autoridade superior de dirección e coordinación da Xunta de Galicia, exerce o mando único dos servizos de intervención fronte ás emerxencias. Advertiu que “o mando único precisa dependencia funcional directa sobre todo o dispositivo”.

Considera “estritamente preciso” tomar esta decisión “diante dos graves fallos e incidencias nos operativos de emerxencias e protección civil e de extinción e defensa contra os incendios forestais” denunciados durante a vaga de lumes, e “sen prexuízo das necesarias investigacións e propostas de corrección do sistema de emerxencias”.

Puntualizou que “deben así adoptarse, no máximo nivel de dirección política da Xunta de Galicia, todas as medidas necesarias para investigar o acontecido nesta vaga de lumes e, sobre todo, para evitar que se volvan producir co cúmulo de fallos denunciados”.

Opacidade

Díaz Villoslada interveu na comparecencia do secretario xeral de Presidencia, a quen lle afeou uns orzamentos caracterizados pola “opacidade, gasto excesivo, sobredimensionado e meramente incrementalista, especialmente nuns momentos nos que a sociedade esixe máxima credibilidade e exemplaridade pública”.

Neste sentido, criticou a falla de información sobre o gasto en persoal eventual e de confianza, ofrecendo cadros de recursos humanos sen desglosar o persoal, a categoría nin responsabilidades. Advertiu que “unicamente temos coñecemento da súa existencia porque teñen consignado 1,57 millóns de euros para as súas retribucións” nunhas contas que adoecen dunha “escandalosa falla de transparencia”.

Advertiu ademais dun “organigrama inflacionado de cargos e de órganos, considerando ademais que xa se teñen posto en marcha varias axencias públicas que deben absorber todas as competencias propias dos seus ámbitos”. Sinalou neste sentido a existencia dunha dirección xeral do Gabinete de Presidencia para unhas funcións asumidas pola secretaría xeral de Presidencia, tal e como sucede entre a dirección xeral de Comunicación e a secretaría xeral de Medios.

Esixiu ademais unha “política de máxima transparencia e concorrencia competitiva” en materia das axudas dirixidas aos medios de comunicación. Considera “como mínimo rechamante que os investimentos inmateriais para programas de comunicación social conte ao céntimo co mesmo importe de 2017”, ao igual que o capítulo de radiodifusión e TVG.

Amtega

Reclamou tamén unha comparecencia específica para dar conta do crecente orzamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia –Amtega-, que conta xa con 102,6 millóns de euros, asegurando “a máxima transparencia tanto nas súas licitacións como nas políticas de subvención que desenvolverá en 2018”.

Amosou a súa “preocupación pola mala posición de Galicia” tanto en canto á cobertura de banda larga de internet, dun 70 por cento fronte ao 90 por cento do Estado con fogares cunha conexión de 10 Mbps ou máis. Explica que “as catro provincias galegas pechan am clasificación, incluso a fenda entre Galicia e a media estatal fíxose máis ampla no último ano e medio”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar