Presentaremos un Plan de Igualdade fronte o retroceso en dereitos e liberdades das mulleres polas políticas do PP

Presentaremos un Plan de Igualdade fronte o retroceso en dereitos e liberdades das mulleres polas políticas do PP

Presentaremos un Plan de Igualdade fronte o retroceso en dereitos e liberdades das mulleres polas políticas do PP

Os socialistas galegos presentaron hoxe o seu Plan de Igualdade e criticaron “o retroceso en dereitos e liberdades das mulleres” tanto en Galicia como en España nos últimos anos polas políticas do Partido Popular.“Temos que reivindicar a igualdade real entre mulleres e homes”, asegurou a secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, que xunto a secretaria de Igualdade, Eva Martínez, e a secretaria de Igualdade de XSG, Vanesa Siso, informaron en rolda de prensa sobre o contido do Plan de Igualdade, aprobado no Comité Nacional do pasado domingo, e anunciaron a creación dunha Escola Feminista.

“Non pode utilizarse a crise para xustificar todo e retroceder en dereitos, as mulleres volvemos a como estabamos hai quince anos, os socialistas reivindicamos a dignidade no traballo e a corresponsabilidade”, apuntou Cancela, “e temos que traballar con máis forza nun momento político no que é posible un goberno progresista e de cambio”.

“As medidas e normas aprobadas polos socialistas no goberno de Zapatero quedaron inutilizadas por falta das políticas necesarias e partidas orzamentarias”, engadiu Cancela, que explicou que o Plan de Igualdade “contén iniciativas de cara a cidadanía alí onde gobernamos e outras de carácter interno, co obxectivo de incentivar a participación das mulleres”.“Fixemos un estudo serio nas agrupacións socialistas de Galicia que reflicte que a participación das mulleres aínda non é suficiente; non nos conformamos, hai que visualizar a presenza da muller e medidas para conciliar a vida familiar e laboral, aumentando a prestación dos servizos públicos”, rematou.

Escola Feminista dos socialistas galegos

A secretaria de Igualdade, Eva Martínez, lembrou que “queda moito que facer” e indicou que a Escola Feminista “será un espazo aberto e de diálogo para promover as políticas de igualdade con xornadas, coloquios e foros de debate coa cidadanía”.

A escola terá catro líneas de traballo: sensibilización e formación en xénero; empoderamento feminista; educación en igualdade, e dereitos e liberdades das mulleres. A primeira iniciativa será unha charla sobre linguaxe inclusiva e o grupo parlamentario do PSdeG demandará que se cumpra nos medios de comunicación públicos.

Por último, Vanesa Siso falou do compromiso das Xuventudes Socialistas coa igualdade e apuntou a importancia de “incidir na educación da mocidade, unha etapa de risco e vulnerabilidade”.

“Medidas e normas postas en marcha polo PSOE quedaron inutilizadas por falta das políticas necesarias e de partidas orzamentarias”, asegura Pilar Cancela, secretaria de Organización

A secretaria de Igualdade, Eva Martínez, anuncia a creación da Escola Feminista dos socialistas galegos

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar