Presentan unha proposta de inversión en políticas activas de emprego para os 160 millóns de euros que Feijóo devolveu ao estado

Presentan unha proposta de inversión en políticas activas de emprego para os 160 millóns de euros que Feijóo devolveu ao estado

Presentan unha proposta de inversión en políticas activas de emprego para os 160 millóns de euros que Feijóo devolveu ao estado

A suba do IVE de Rajoy é consecuencia da reforma laboral, que reduce o consumo da cada vez menor masa salarial. Os socialistas esixen a retirada da reforma

O secretario de Emprego da Executiva do PSdeG-PSOE, José Manuel Civeira, acusa aos populares de non creer nas políticas de promoción do emprego. Denucia que Feijóo vai recortar 109 promotores e orientadores cando Galicia perde 94 empregados ao día

A EPA amosa que no primeiro trimestre de 2012 destruíuse máis emprego que en todo o ano anterior. O comportamento do emprego en Galicia se sitúa por baixo da media do Estado, como consecuencia da falta de políticas activas da Xunta.

O responsable de Emprego da Executiva dos socialistas galegos referiuse aos últimos datos coñecidos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) para salientar que no primeiro trimestre deste ano se destrúe máis da metade do que se tiña destruído en todo o 2011. Frete a isto o PSdeG-PSOE quere facer “unha oposición construtiva e propositiva”, instando ao Goberno de Mariano Rajoy a tome medidas, en dúas vías.

Por unha banda, os socialistas esixen ao Goberno que “retiren a reforma laboral” porque, apunta Civeira, supón “unha fonte de destrución de emprego”, que dará paso a unha segunda fase, “onde non se creará emprego, senón que se dará un mero proceso de substitución”.

O responsable de Emprego da Executiva do PSdeG salienta que a reforma remata co modelo de relacións laborais onde o colectivo primaba sobre o individual, e agora, ademais da perda de dereitos laborais se “substitúe a innovación pola explotación”.

Como consecuencia da aplicación da reforma laboral, se está a reducir drasticamente a masa salarial do país o que conduce a unha menos mobilidade económica, menos crecemento, menos consumo e menos recadación.

E para suplir esta falla de recadación, “non se lle ocorre outra cousa a Rajoy que a subida do IVE”, dixo. Lembrou a frase do agora Presidente do Goberno coa que afirmaba que “la subida del IVA es un sablazo que el mal gobernante le pega a sus compatriotas” . Rajoy “defínese a si mesmo con esta frase”, responde Civeira.

En segundo lugar, os socialistas galegos esixen a Rajoy e a Feijóo“medidas anticíclicas de crecemento”. As medidas aplicadas polo Presidente da Xunta nestes tres anos de Goberno, fixo que a situación do emprego en Galicia se sitúen moi por baixo da media española. Temos 265.000 parados, recorda Civeira, que apuntou o dato de que, no período de mandato de Feijóo se perderon 94 postos de traballo diarios.

Os Orzamentos Xerais do Estado reflicten unha perda de investimento en materia de promoción do emprego que, en Galicia, vai provocar que se perdan 109 promotores de emprego, a sumar a outros 34 técnicos que xa recortara Feijóo. En definitiva, “con 100.000 parados máis, imos ter 143 técnicos menos”, conclúe Civeira, para quen a labor dos promotores parécelle fundamental nestes momentos.

A falta de execución orzamentaria da Xunta, denunciada polos socialistas galegos e que, en materia de promoción de emprego se eleva a 160 millóns de euros, procedentes do Estado, demostra que o Partido Popular “non cree nas políticas de emprego”.

Os socialistas si sabemos, afirma José Manuel Civeira. O Secretario de Emprego da Executiva dos Socialistas Galegos presentou unha proposta alternativa que serviría para “potenciar a figura dos promotores e orientadores de emprego”, pero tamén para axudar aos máis de 10.000 parados sen prestación a buscar emprego, desenvolver políticas de formación, políticas de economía social, de cooperativismo...

Son 160 millóns de euros devoltos que, para Civeira, “houbérannos vido moi ben nunha comunidade autónoma cun comportamento peor que a media estatal”.

Esta no Galicia pode superar os 300.000 parados. Por iso, os socialistas esixen a Feijóo que poña solución a este problema dos promotores e orientadores de emprego e que aplique políticas activas de emprego. “ É verdade que creemos que o PP non confía nas políticas activas de emprego, pero para nós son fundamentais”, porque a “deixación” das mesmas pola Xunta de Feijóo fixo que o comportamento do paro en Galicia foxe peor que o da media española.

ORZAMENTOS PARA O EMPREGO: DEIXADEZ DA XUNTA, PROPOSTAS SOCIALISTAS

O ano pasado deixáronse de investir case 160 millóns en políticas activas de emprego. Estes fondos viñeron a Galicia a través da Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais e non foron utilizados.

¿Qué se podía facer cos fondos non utilizados, seguindo cos programas que tiñan?

Cos 2.598.000 € do 321A DIRECCIÓN E SERVIZOS XERAIS DE EMPREGO, pódese asegurar a continuidade dos 109 promotores de emprego que neste xuño, segundo o anteproxecto de orzamentos xerais do Estado, serán despedidos pois teñen ata o 21 de decembro contrato.

Cos 44.352.000 € do programa 322A FOMENTO DA EMPREGABILIDADE pódese contratar a 10.644 desempregados que esgotaran a súa prestación durante seis meses a tempo parcial. Ao remate, de teren cargas familiares, poderán acceder a un subsidio por desemprego de 21 meses ou de 6 meses de non telas.

Cos 11.535.000 € do programa 322B INTERMEDIACIÓN E INSERCIÓN LABORAL pódese contratar a 376 orientadores cara á realización de 37.588 itinerarios personalizados de inserción.

Cos 29.898.000 € do programa 322C FOMENTO DO EMPREGO, O EMPREGO AUTÓNOMO E DA INTEGRACIÓN LABORAL, durante un ano poderíase abona-las cotas da Seguridade Social de 10.002 desempregados que non tiveran dereito a capitalizar a súa prestación.

Cos 38.366.000 € do programa 323A FORMACIÓN PROFESIONAL DESEMPREGADOS poderíase dar formación para o emprego a 10.779 parados segundo o custe medio de 2010 que aparece na memoria da Consellería.

Cos 27.089.000 € do programa 323B MELLORA DA CUALIFICACIÓN NO EMPREGO poderíase dar formación para o emprego a 28.180 ocupados segundo o custe medio de 2010 que aparece na memoria da Consellería

Cos 5.930.000 € do programa 324A MELLORA DA ORGANIZ. E ADM. DAS RELACIÓNS LABORAIS E DA ECONOMÍA SOCIAL poderíase ter incorporado a 330 parados como socios de cooperativas e incentivado o xurdimento de 90 de acordo cos custes medios de estas accións segundo a memoria de 2010.

Hoxe vemos un goberno irresponsable que non só non é capaz de investir os seus fondos para activar a economía, senón que deixa sen utilizar fondos que lle chegan do Estado.

Vendo a execución en políticas activas soamente podemos cualificar de desidia os seus resultados.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar