Presentan unha proposición de lei para blindar a sanidade e a educación públicas dos recortes

Presentan unha proposición de lei para blindar a sanidade e a educación públicas dos recortes

Presentan unha proposición de lei para blindar a sanidade e a educación públicas dos recortes

O Portavoz do Grupo Socialista avanzou as principais liñas do texto co que os socialistas pretenden garantir a converxencia dos Servizos Públicos Esenciais en Galicia cos da Europa dos 27

Acusa a Feijóo e a Rajoy de querer ser os alumnos avantaxados do déficit sen ter en conta as nefastas consecuencias para o país

Tacha de “ideolóxicos” os recortes e acusa aos populares de abrir unha porta á privatización en Sanidade, Educación e agora tamén nas Pensións

O Portavoz do Grupo parlamentario Socialista, Abel Losada, denunciou “unha secuencia clara, que para os socialistas é especialmente grave”, que son “os axustes ideolóxicos” que está a aplicar o PP e que supoñen un “frenazo radical do PIB” e, polo tanto, un incremento do desemprego.

En relación aos recortes, Abel Losada denuncia que o Goberno de Feijóo ven sometendo a Galicia a tres anos de “ensaios clínicos intensos”. Collendo dos Orzamentos deste trienio de mandato popular o relativo a Sanidade e Educación, houbo un recorte de 900 millóns de euros, o que significa unha redución de 300 euros por habitante en Galicia. Un 12% menos, explicou o portavoz socialista.

O PIB galego non descendeu nesta mesma medida, polo tanto, explica Losada, “é necesario que o Goberno galego explique porqué focaliza tanto os recortes nestes dous ámbitos”. A este recorte hai que engadir o recorte impulsado desde o Goberno de España, que en Galicia será de 600 millóns de euros, dentro dos 10.000 previstos. En opinión dos socialistas, este segundo recorte por riba dos soportados ó longo de tres anos “traspasa todas as liñas vermellas en termos de defensa de defensa do Estado de Benestar”, afirma Losada.

Esta é a razón pola que o Grupo Socialista ten presentado unha Proposición de Lei, que, segundo Losada, ten tres obxectivos fundamentais, “blindar a Sanidade e a Educación públicas, garantir as súas prestacións e acadar un nivel axeitado de converxencia co entorno”.

En relación a este Proposición de lei, Losada salientou a importancia do reforzo do dereito aos servizos públicos esenciais con carácter de universalidade, equidade, igualdade e accesibilidade. “Do que supoñen en termos de reequilibrio social” a Sanidade e a Educación públicas, insiste o Portavoz socialista, “algo que a dereita racha sen ningún pudor” con “consecuencias sociais e económicas no medio prazo”.

A lei proposta polos socialistas da un prazo de 8 anos para converxer coa Europa dos 27 en relación ao esforzo financeiro en Sanidade e Educación. O diferencial actual de Galicia, incluíndo aos países con menos recursos da UE, é de 2 puntos (13% na UE vs. 11% sobre o PIB).

Os socialistas fan constar o “rexeitamento á colaboración público privada” en Sanidade e Educación. Losada recorda que “así o dixemos cando se debateu a construción do Hospital de Vigo”. Esta modalidade, “que pode ter certo sentido no ámbito das infraestruturas, non é aceptable en servizos públicos esenciais”.

Os socialistas consideran “un sinal de calidade democrática” que o Goberno galego negocie cos distintos axentes implicados nesta cuestión, como o Parlamento, Consello Económico e Social, Consellos Escolares e de Saúde... e así o inclúen na súa proposición de Lei. Reprochan que, “de xeito sorprendente, o Goberno de Rajoy informe mediante un fax dun recorte de 10.000 millóns de euros”.

Tamén salienta Losada, que a proposta esixa modificar o artigo 18.1 da lei 2/2011 do 16 de xuño. De disciplina orzamentaria e sustentibilidade financeira, para que no suposto de superavit, os recursos xerados se poidan destinar en parte á mellora dos servizos públicos sanitarios ou educativos.

O Grupo Socialista tamén vai rexistrar 3 Proposicións Non de Lei nas que insta ao Executivo galego que rexeite o recorte estatal de 7000 millóns de euros en Sanidade e 3000 millóns de euros en educación, así como a subida nas taxas universitarias.

MOITA IDEOLOXÍA NAS MEDIDAS DO PP

Os datos do PIB medrou en 2011 en Galicia medrou pouco, un 0,3%. Os gastos en Sanidade diminuíron un 4,9%, casi 12 veces máis e os gastos en Educación diminuíron 23 veces máis, un 6,9%. Para Losada, “ultraortodoxia” dos recortes en Sanidade e Educación “caia quen caia” mostran outros obxectivos que van máis alá que as finanzas públicas, amosan que “lles van abrindo a porta a procesos privatizadores”.

Como exemplo desta deriva ideolóxica, Losada por un exemplo do Goberno do Estado que a semana pasada dixo que ía impostos indirectos, o IVE, e compensaría esta medida baixando as cotizacións. Losada pon o énfase en que con esa diminución de ingresos “se pon en risco a caixa única da seguridade social” e abre a porta ao negocio dos sistemas privados de pensións.

RAJOY E FEIJÓO QUEREN SER PRIMEIROS DA CLASE DO DÉFICIT CERO

Preguntado pola xuntanza de ministros de Alemaña e España en Santiago, Losada lembrou que esta auspiciada por unha fundación conservadora, e salientou a “habilidade coa que o PP mextura o institucional co partidario”. Respecto ao tratado nesta reunión “partidaria”, o Portavoz do Grupo Socialista fixo referencia ó interese de Rajoy e de Feijóo por “aparecer como os alumnos máis avantaxados da clase en materia de ortodoxia máis liberal e pro déficit cero que ten un custe social moi importante para aqueles paises que gobernan”.

O portavoz socialista salientou que é "lamentable” que Rajoy “siga acríticamente” as directrices do máximo valedor da ortodoxia fiscal, o ministro alemán de finanzas, Wolfgang Schäuble, con un 24 por cento de desemprego", mentres que en alemaña é do 8%.

Losada espera un “replantexamento” da necesidade de combinar axustes fiscais que ninguén nega, con estratexias de apoio ao crecemento e ao emprego. Para elo considera que influirán positivamente tanto a vitoria de Hollande en Francia e o xiro de Merkel segundo se aproximan os comicios alemáns.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar