Presentan ao colectivo LGTB o borrador da proposición de Lei Galega pola Visibilidade e Non Discriminación de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais

Presentan ao colectivo LGTB o borrador da proposición de Lei Galega pola Visibilidade e Non Discriminación de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais

Presentan ao colectivo LGTB o borrador da proposición de Lei Galega pola Visibilidade e Non Discriminación de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais

Segundo Silvia Fraga, o texto pretende a normalización de LGTB na sociedade, a igualdade de trato no ámbito xudicial e policial, familiar, da saúde, da educación, da cultura e do ocio e da comunicación

Especialistas en dereito de familia e colectivos LGTB participaron con Fraga Santos na elaboración deste borrador que agora inicia o proceso de achegas do colectivo e da sociedade a través da web.

Os socialistas esperan tramitalo ó principio do vindeiro período de sesións

Coincidindo coa conmemoración do día do Orgullo de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentaron a este colectivo o borrador da proposición de Lei Galega pola Visibilidade e Non Discriminación de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais.

O texto, que inicia agora un proceso de achegas do colectivo LGTB e de toda a cidadanía, a través da web do PSdeG-PSOE (www.psdeg-psoe.com), foi elaborado a proposta do Grupo LGTB do PSdeG-PSOE, Sete Cores, que coordina Fito Ferreiro.

A necesidade da lei, como explicou a parlamentaria socialista, Silvia Fraga, ven xustificada no feito de que, “a pesares de que se ten avanzado moito” no eido dos dereitos civís ou de familia, fundamentalmente na posibilidade do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, nin a lei 13/2005 do Estado, nin a Disposición Adicional Terceira do Dereito Civil de Galicia supoñen “unha resposta xeral de protección para o colectivo LGTB neste e outros ámbitos”.

A deputada socialista tamén recoñeceu a inspiración da proposición de lei socialista no proxecto de Lei Integral de Igualdade e non discriminación que tiña o Goberno socialista de España e que “non dou tempo a aprobar” .

Recolle tamén medidas recollidas en Plans como o de Cataluña de 2006 ou o do Plan de Traballo do País Vasco 2012-2013, das que tamén foron impulsores gobernos socialistas.

A proposición, dixo Fraga Santos, pretende a normalización de LGTB na sociedade, da igualdade de trato ás persoas que integran este colectivo en ámbitos tan diversos como pode ser o xudicial, o policial, o familiar, da saúde, da educación, da cultura e do ocio e da comunicación.

Os socialistas pretenden que, tras un mes de consultas, o texto quede listo para o seu rexistro a finais de agosto ou principios de setembro, para o seu trámite no vindeiro período de sesións da Cámara galega.

Silvia Fraga, que recriminou ao PP a interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra o matrimonio entre persoas do mesmo sexo mentres financia e apoia festexos do colectivo gai na cidade da Coruña, espera atopar o apoio unánime dos grupos a esta proposición de lei.

Fito Ferreiro, coordinador do Grupo de Traballo de LGTB do PSdeG-PSOE, salientou que, cando se aprobou a lei de matrimonio entre persoas do mesmo sexo, en 2005 “moitos pensaron que se chegara á meta, pero no era máis que unha meta volante onde tiñamos que empezar a traballar realmente en quitar a homofobia das nosas cabezas e dos nosos corazóns”.

José Manuel Lourenzo Villaverde, profesor da Universidade de Copenhague que participou na elaboración da proposición de lei socialista, salientou que se trata dunha lei necesaria na sociedade actual, porque a pesares de producirse moitos avances, porque o acceso á igualdade non pode limitarse á “igualdade formal”, que recolle o art.14 da nosa Constitución, senón que debemos incidir na “igualdade real”, do art.9.2 da Carta Magna. En definitiva “remexer todos os obstáculos para que a igualdade non sexa algo que está nun papel, senón conseguir unha sociedade máis igualitaria”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar