Presentación do programa electoral en Ourense

Presentación do programa electoral en Ourense

Presentación do programa electoral en Ourense

Os candidatos socialistas á Cortes Xerais pola provincia de Ourense presentaron esta tarde na sede do PSdeG da cidade de Ourense o programa electoral co que se presentan o 20-N, e que é “un contrato coa cidadanía”, segundo afirmou Laura Seara.

A Secretaria de Estado de Igualdade e cabeza de lista ao Congreso explicou que non se trata dun documento de intencións, senón un contrato asinado con luz e taquígrafos, tal e como require a situación actual, realista e riguroso, xa que están cuantificados os custes de cada medida.

Seara explicou que a creación de emprego a través de plans sectoriais e o cambio do modelo económico  cara un modelo máis competitivo e sostible son os eixos do programa electoral e da futura acción de goberno do Partido Socialista.

“O urxente para nós e o emprego”, dixo, ao que engadiu estes plans sectoriais  se combinarán con políticas laborais orientadas á igualdade de oportunidades, e plans específicos, como o programa de emprego destinado aos mozos.

Ademais sinalou a importancia de cambiar o modelo económico e devolver ás institucións o poder da toma de decisións sen inxerencias de fóra do ámbito político.

Os socialistas apostan pola innovación, a ciencia, a sociedade da información, e un sistema financeiro ao servizo da sociedade, para recuperar a normalidade do mercado de crédito do noso país.

A candidata explicou que a cohesión territorial é un elemento fundamental e clave do programa económico socialista, e censurou a creación da Galicia da terceira velocidade que a Xunta está creando coas súa políticas discriminatorias co interior ourensán.

En clave de igualdade, afirmou que a igualdade do S XXI é a igualdade de oportunidades, a igualdade entre mulleres e homes e contra calquera tipo de discriminación, polo que salientou a relevancia da educación como elemento de cohesión.

Tamén apuntou o programa de “máis e mellor democracia”, polo que os socialistas apostan por unha lei de transparencia no sector público, e que sexa máis fácil que a cidadanía poida presentar iniciativas lexislativas populares.

Seara anunciou que os socialistas celebrarán durante a campaña electoral na provincia de Ourense sectoriais de sanidade, igualdade, emprego, pensións, de políticas culturais, de educación, de políticas sociais, de cooperación, de universidade e ciencia, e de turismo, coa presenza da Secretaria de Estado de Empleo, entre outros.

Ante as preguntas dos xornalistas, Seara indicou que no programa do Partido Popular presentado hoxe “non aparece nin unha soa medida contra o paro, porque o PP en economía quere volver ao ano 96, o que ademais de ser absolutamente imposible é totalmente inútil, e en termos de dereitos quere volver ao ano 85, o que significa perder dereitos, cuestión que nos preocupa enormemente”.

Pero “o que non se debe facer é unha economía absolutamente neoliberal que é a que nos trouxo á situación de crise actual”, engadiu

O senador e candidato, Miguel Fidalgo, apuntou que neste programa electoral no que traballou durante meses a militancia socialista e boa parte da sociedade civil a través de distintos foros, coa participación de expertos e mesmo premios Nobel de distintas materias, se prioriza a creación de emprego, a mellora da nosa democracia, e manter o Estado de Benestar.

Fidalgo explicou que a saída da crise precisa dunha actuación conxunta de toda a sociedade, pero plantexando un reparto de esforzos e de custes xustos, e non probablemente o que plantexaría a dereita se é que algún día o fai, porque de momento non ten presentado un programa coherente e completo.

O senador apuntou a innovacións e a necesidade de casar a economía coa educación como instrumento para saír da crise, e manter actividades tradicionais con novos enfoques, como por exemplo misturar as políticas de vivenda coa rehabilitación.

O programa electoral socialista plantexa un sistema fiscal máis xusto, cun imposto para grandes fortunas, un imposto de beneficios ás institucións financeiras, a posta ao día do imposto de sociedades, a suba de determinados impostos especiais, como os do tabaco ou alcohol para financiar a sanidade, ordenar a “fiscalidade verde”, e a loita contra o fraude fiscal.   

Neste sentido destacou a credibilidade do candidato Alfredo Pérez Rubalcaba para acabar co fraude fiscal ou minimizalo á mínima expresión, despois do seus logros na redución de accidentes de tráfico ou na loita contra o terrorismo.

Así mesmo, o senador salientou medidas como a reforma das deputacións provincias, a reforma do Senado ou das mancomunidades, incluídas no programa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar