Presentación da Plataforma "Incineradora Non" na comarca do Carballiño

Presentación da Plataforma "Incineradora Non" na comarca do Carballiño

Presentación da Plataforma "Incineradora Non" na comarca do Carballiño

O Casino Cultural do Carballiño acolleu na tarde do venres 9 de decembro a presentación da Plataforma Cidadán “Incineradora Non”.

Ante un aforo completo se amosaron as bases sobre as que vai traballar este colectivo de nova creación, que non son outras que as de pelexar para evitar que a Xunta convirta a nosa comarca no vertedoiro de toda a comunidade, poñendo o futuro do noso entorno, e por tanto o noso propio e o dos nosos fillos, en máns dunha empresa de capital privado 100 % cuxo único interese vai ser obter beneficios, e dende logo non o benestar dos habitantes da zona.

A Plataforma manifestou a súa intención de funcionar de forma asamblearia e o seu interese en que se incorporen todo tipo de colectivos e particulares que estean interesados en participar para evitar esta condena de morte para O Carballiño.

Dende esta reunión quedou aberto o prazo de adhesións, que se poden facer no correo electrónico plataformaincineradoranon@gmail.com, a través do cal se recibirán e se atenderán as demandas de información e se comunicarán as vindeiras reunións a celebrar.

Cabe subliñar que xa son quince os colectivos que se uniron a este frente, entre eles moitos do Carballiño, pero tamén da zona de Lalín ou do Ribeiro.

Nos vindeiros días se comezará tamén a incrementar a presenza nas redes sociais co mesmo fin.

Estamos seguros de que vai a ser unha loita complicada porque son moitos os intereses que hai en xogo, sobre todo económico. Pero que non nos confundan, os beneficios van a ser para uns cuantos e a maioría de nós imos ver seriamente danado o noso modo de vida por esta agresión ignominiosa.

O que está claro é que dende “Incineradora non” imos a esforzarnos para que os nosos veciños teñan o máximo de información posible e non se oculten datos. De feito, unha das primeiras medidas reclamadas na primeira reunión foi a da presenza dun técnico na materia que de forma independente aporte o seu coñecemento para resolver as dúbidas que calquera carballiñés poida ter.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar