Premeditación e alevosía da Xunta na reubicación e peche de centros escolares no último día de curso

Premeditación e alevosía da Xunta na reubicación e peche de centros escolares no último día de curso

Premeditación e alevosía da Xunta na reubicación e peche de centros escolares no último día de curso

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, denunciou hoxe “premeditación e alevosía” por parte da Consellería de Educación na reorganización e peche de catro centros educativos anunciada un día antes do remate do curso escolar. Así o dixo na concentración de protesta convocada hoxe fronte á sede da Xunta, en San Caetano.

O responsable socialista censurou a “inaceptable forma de proceder” do conselleiro, que agardou a que pasara a súa comparecencia no Pleno do Parlamento para tomar esta decisión. Lembrou a solicitude de comparecencia presentada pola oposición o pasado venres e dixo que “debe comezar por explicarse na Cámara, e se non o fai dende logo demostrará que non está capacitado para dirixir a Consellería”.

Acusouno de “furtarlle ao Parlamento un debate necesario sobre a recomposición da planta de centros” e en lugar diso “procede por sorpresa e cando remata o curso para levar adiante un recorte da oferta de centros non xustificado”.

Reclamou “criterios obxectivos e claros para definir onde se precisan centros e ónde é necesario proceder ao axuste” xa que con decisións como esta, apuntillou, “dá a impresión de que a discrecionalidade e a improvisación son norma da Xunta de Galicia”.

Fernández Leiceaga participou, xunto cos deputados do Grupo Socialista, na concentración celebrada hoxe en protesta pola reubicación e peche dos centros de A Pobra, As Pontes, Ribadavia e Porriño.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar