Preguntan á Xunta se actuará na procura de responsabilidades por maltrato animal contra os responsables dos depósitos de animais mortos en Salceda e As Neves

A parlamentaria socialista, Carmen Gallego, ven de presentar varias iniciativas na Cámara autonómica preguntando ao Goberno galego polo achado dun almacén de animais mortos no concello das Neves por parte do Seprona o pasado fin de semana.

As investigacións levaron tamén á Garda Civil á detección de arredor de 160 animais mortos no Concello de Salceda de Caselas, nas instalacións dunha empresa relacionada cos animais, no preciso momento en que ían ser cargados nun camión.

A deputada socialista considera alarmante esta información e por iso traslada á Xunta o seu interese por saber se o Goberno galego coñecía o operativo do Seprona da Garda Civil e, de ser así, cal é a información que dispón sobre as empresas relacionadas co caso.

A parlamentaria do PSdeG-PSOE interésase por coñecer se a Administración autonómica abriu algún expediente sancionador no pasado por condutas deste tipo.

Pregunta Gallego tamén pola disposición da Xunta a actuar na demanda de responsabilidades administrativas de maltrato animal, risco para a saúde pública e para o medio ambiente.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar