Preguntan á Xunta polos informes tidos en conta para a declaración positiva do impacto ambiental da mina de Corcoesto

Preguntan á Xunta polos informes tidos en conta para a declaración positiva do impacto ambiental da mina de Corcoesto

Preguntan á Xunta polos informes tidos en conta para a declaración positiva do impacto ambiental da mina de Corcoesto

Patricia Vilán presentou unha pregunta parlamentaria na que se require a posición oficial da Xunta respecto do proxecto de explotación a ceo aberto do xacemento de ouro

Os socialistas salientan que un informe do CSIC e da Universidade de Vigo que sitúa xa moi por riba dos niveis normais de arsénico a ribeira, a bacía e o esteiro do río Anllóns

A parlamentaria autonómica, Patricia Vilán, ven de presentar una pregunta oral en Comisión sobre a postura oficial do Consello da Xunta respecto do proxecto para explotar a mina de Corcoesto. A iniciativa pretende coñecer as achegas que tivo en conta a Consellería de Medio Ambiente para declaración positiva da Declaración de Impacto Ambiental para o proxecto mineiro da empresa canadiana “EDGEWATER CORP”. para a extracción de ouro a ceo aberto.

Preguntan os socialistas ademais polas supostas medidas cautelares que permitirán facer compatible a extracción do ouro pola devandita empresa coa protección dos valores naturais da zona e sobre o impacto ambiental que terá o desvío do río Lourido.

Interésanse tamén polas condicións impostas á entidade explotadora da mina para a reposición do terreo, unha vez esgotadas as reservas.

Os socialistas advirten que, segundo estudos do Instituto de Investigacións Mariñas, pertencente ao CSIC; e da Universidade de Vigo sobre os niveis de arsénico na bacía do río Anllóns (publicado na revista Science of the total Environment sobre as consecuencias actuais da minería a pequena escala) a presenza de zonas de arsenopirita semimasiva na área mineira de Corcoesto chegan a superar en 50.000 veces a media da codia terrestre e, non solos superficiais, poden superar ata 400 veces os niveis dos solos non contaminados.

Nas augas do río Anllóns as concentracións de arsénico duplícanse ao atravesar a zona de Corcoesto, ata chegar xa á metade do límite aceptable en augas para consumo humano. Ademais, a metade dos puntos de mostraxe no esteiro de Anllóns amosan niveis de arsénico nos sedimentos superan amplamente os límites para consideralos contaminados.

O citado artigo indica que estes sedimentos “debe ser consecuencia de rápidos picos de fluxo do río Anllóns que poden transportar sedimentos de maior tamaño de partícula procedentes da zona mineira”.

Así as cousas os socialistas consideran que, se esas son as consecuencias da antiga minería, “as repercusións futuras poderían ser tan enormes como enorme é o proxecto mineiro” da empresa EDGEWATER CORP. : 774 hectáreas de mina a ceo aberto, 20 millóns de metros cúbicos de estériles de mina e 100.000 toneladas anuais de estériles de mina tratados con cianuro, sosa cáustica e ácido clorhídrico que, ademais do ouro, solubizarán tamén o arsénico das rochas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar