Preguntamos a Feijóo se é certo que Pachi Lucas pernoctou en Monte Pío e se obtivo beneficios da súa relación co presidente da Xunta

Preguntamos a Feijóo se é certo que Pachi Lucas pernoctou en Monte Pío e se obtivo beneficios da súa relación co presidente da Xunta

Preguntamos a Feijóo se é certo que Pachi Lucas pernoctou en Monte Pío e se obtivo beneficios da súa relación co presidente da Xunta

Méndez Romeu acusa ao presidente da Xunta e a conselleira de Traballo de “mentir en sede parlamentaria” ao falsear os datos sobre os cursos de formación

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, presentou hoxe unha serie de preguntas parlamentarias para que a Xunta aclare se son certas as afirmacións realizadas polo militante do PP e principal imputado na Operación Zeta, Gerardo Crespo, que asegurou que Pachi Lucas, suposto abreportas da trama, pernoctou na residencia oficial de Monte Pío. Os socialistas queren saber os motivos, se a proximidade a Feijóo lle serviu para obter réditos “en beneficio da condición mercantil que ostenta” coas empresas da trama dacordo co sumario da investigación, e se o presidente da Xunta coñecía esta relación mercantil.

Méndez Romeu, que amosou o seu máximo respecto pola vida privada do presidente da Xunta, reclamoulle que explique “con claridade e precisión” os supostos beneficios que obtivo este empresario relacionado co PP. Lembrou que aparece sinalado como “intermediario” na trama de desviación de fondos públicos “para o seu lucro privado e para o financiamento ilícito do PP”. Aludiu así ás constantes alusións do principal imputado na operación, o empresario Gerardo Crespo, á posición privilexiada de Lucas, ao que sitúa como conseguidor a soldo polo seu achegamento a Feijóo.

Neste mesmo sentido, reclamoulle ao conselleiro de Economía e Industria que explique se “pode negar a participación de persoas que no sumario da Operación Zeta aparecen como conseguidores ou negociadores de proxectos empresariais nos que participa a Xunta”. Méndez Romeu aludiu á presenza de Lucas como intermediario en diversas operacións empresariais “cando menos na cidade da Coruña” nas que interviu a Xunta.

Os socialistas galegos reclamáronlle tamén á Xunta a través do artigo 9 que presente copia da denuncia presentada polo Goberno galego nos órganos xudiciais “pola presunta fraude dos cursos de formación na chamada Operación Zeta”.

O responsable socialista advertiu que Feijóo “nin na súa entrevista co secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, nin nas peticións de comparecencia presentadas polos socialistas galegos nin nas sesións de control se amosou disposto a ofrecer explicacións sobre estes asuntos escandalosos nin a render contas nin a explicarse documentalmente”.

Denunciou que o propio Feijóo, que “vulnera a cotío o dereito á información dos deputados e deputadas”, onte “xa non se corta en pedir que se coarte a liberdade de expresión no Parlamento”. Respondeu así á petición de limitar a inviolabilidade dos deputados para preguntar cuestións, o que “en román paladino significa introducir a persecución xudicial e un retroceso de séculos” no sistema democrático.

Mentiras

Méndez Romeu acusou ademais ao presidente da Xunta e á conselleira de Traballo de “mentir en sede parlamentaria” ao “manipular e falsear datos sobre os cursos de formación” correspondentes ao goberno socialista.

Advertiu que “aportaremos nos vindeiros días datos rigorosamente contrastados” que acrediten as mentiras do goberno galego e puntualizou que “temos exemplos célebres de a onde conduce a mentira en sede parlamentaria”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar