Pregunta ao Goberno se ten previsto modificar a tarifa enerxética das fábricas de Alcoa en Lugo e A Coruña

O senador do PSOE por Lugo exporá esta cuestión na próxima reunión da Comisión de Industria, Enerxía e Turismo da Cámara Alta

O senador socialista por Lugo, Ricardo Varela, preguntará ao Goberno se ten previsto modificar a tarifa enerxética de aplicación na actualidade ás fábricas de Alcoa en Lugo e A Coruña.

Varela exporá esta cuestión a través dunha pregunta oral que será formulada nunha próxima reunión da Comisión de Industria, Enerxía e Turismo da Cámara Alta.

O parlamentario do PSOE defendeu as reivindicacións dos traballadores destas factorías e reclamou unha tarifa enerxética “competitiva” que asegure o futuro do tres fábricas que a empresa americana de aluminio ten en San Cibrao, A Coruña e Avilés.

Ricardo Varela lembrou que o próximo 31 de decembro expira o contrato enerxético en vigor e reclamou a mediación do Goberno na próxima regulación do “mix enerxético” en aras a lograr un novo contrato que garanta a continuidade das fábricas e dos seus traballadores.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar