Precarización laboral na sanidade pública

Precarización laboral na sanidade pública

Precarización laboral na sanidade pública

Hospital Clínico santiago (Chus)A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou hoxe no Parlamento a “precarización dos profesionais sanitarios” derivado do “drástico recorte na calidade e cantidade de recursos” por parte do goberno de Feijóo. Acuña presentou unha interpelación non Pleno do Parlamento sobre a xeneralización dos contratos temporais “por días e mesmo por horas” na sanidade pública, con profesionais que chegan a acumular ata 26 contratos nun só mes.

A responsable socialista dixo que a Xunta “atenta contra os dereitos dos profesionais” rexeitando as prórrogas ás que teñen dereito e evitando repoñer vacantes “mais que con contratos basura”. Sinalou que hoxe “case a metade dos médicos especialistas carecen de praza fixa e levan 6 anos encadeando contratos, cunha media de 4 contratos no último ano.

Nos últimos catro anos, dixo, mais de 10.000 médicos e médicas se foron de España e preto de 300 enfermeiros e enfermeiras abandonaron Galicia para traballar noutros países. Isto evidencia un problema “en crecemento”, xa que o máximo éxodo se ten producido no ano 2014, no que marcharon 84 profesionais da enfermería, mentres hai 15.000 profesionais eventuais anotados en listas, dos que só traballa o 30 por cento.

Acuña acusou á conselleira de Sanidade de impedir a reposición de profesionais sanitarios aos que xubilan negándolles calquera posibilidade de prórroga, co que “adelgazan o sistema sanitario público, engordan e perpetúan o paro e a fuga ao estranxeiro dos nosos estupendos e ben formados profesionais”. Este “masivo recorte” provocará, segundo os colexios médicos, que en 2015 Galicia teña 800 facultativos menos que en 2010.

ERE encuberto

Negou o suposto relevo de profesionais que anuncia a unta para agochar “un masivo recorte e un auténtico ERE encuberto na sanidade pública galega”, polo que o goberno galego “prescinde da elite da sanidade, os profesionais con mais experiencia”. Boa parte destes traballadores, expulsados alegremente da rede pública, son “acollidos cos brazos abertos pola privada”.

Dixo que Galicia é deficitaria en número de médicos por 100.000 habitantes, ocupando o posto 11 das 17 comunidades autónomas, e moi deficitaria nalgunhas especialidades, como neuroloxía, xa que Galicia ten unha ratio de 3,4 especialistas por 100.000 habitantes, cando debera dispor de 5 por cada 100.000.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar