Precariedade inaudita nos investigadores do Programa Miguel Servet en Galicia

Precariedade inaudita nos investigadores do Programa Miguel Servet en Galicia

Precariedade inaudita nos investigadores do Programa Miguel Servet en Galicia

investigacionA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, cualificou hoxe de “inaudito” que o PP e o goberno galego queiran “prescindir e comportarse desta maneira” cos 25 investigadores que traballan para o Sergas grazas ao programa Miguel Servet. A deputada socialista presentou unha proposta en Comisión para regularizar a súa situación, ao que o PP respondeu ofrecendo un contrato laboral de 5 anos que Acuña cualificou de “ofensa”. Dinalou que logo de 17 anos dende o comezo do programa en Galicia, os profesionais “aínda están nunha situación provisional e anómala”, en situación de “autofinanciamento” a través dun programa xestionado polo Instituto Carlos III pero traballando para o

Sergas. Nesta etapa “proporcionaron coñecementos e patentes, desenvolveron técnicas e protocolos de mellora na atención e mesmo formaron a outros profesionais”. De aí o “compromiso moral” que Acuña considera que o sistema sanitario público ten con estes profesionais, que “non piden un incremento de prazas, o único que solicitan é regular e legalizar unha situación laboral inxusta e absurda”. Propuxo neste sentido unha visita formal da Comisión de Sanidade ao Sergas para “coñecer in situ o traballo que están levando a cabo estes investigadores e o seu nivel intelectual”. Criticou o desinterese do PP e do goberno galego para resolver unha “precariedade laboral incomprensible” duns investigadores de alto nivel que “continúan en condicións eventuais e dependendo de Madrid”. Privatización A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista advertiu que detrás deste veto do PP agóchase a súa “intención manifesta de privatizar todo aquilo que non sexa asistencial”. Ese é o motivo, engadiu, de que “presentaran coa Lei de Acompañamento aos Orzamentos de 2016 unha serie de medidas dirixidas a privatizar a investigación”. Os socialistas galegos reclamaron hoxe a creación da figura profesional do científico sanitario titular e dote ao Sergas de prazas estatutarias para estes investiadores, convocando un proceso de consolidación de postos de traballo e prevea a estabilización dos investigadores en fase de incorporación ou de proba, mantendo ademais aos que xa superaron a avaliación final.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar