PP e Xunta protexen as corridas de touros

PP e Xunta protexen as corridas de touros

PP e Xunta protexen as corridas de touros

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao goberno de manterse “inamovible” na defensa das touradas en Galicia. A responsable socialista explicou hoxe o voto en contra da Lei de Benestar dos Animais de Compañía, que considera que os touros “nin senten nin son seres vivos”, polo que saíu adiante unicamente cos votos a favor do PP.

A responsable socialista acusou tanto a PP como ao goberno galego de “protexer as corridas de touros”, permitindo e amparando estes “espectáculos de tortura animal”. Explicou que as touradas carecen de tradición en Galicia, cunha soa praza en Pontevedra, e que cada vez suma a máis persoas na manifestación anual convocada en contra co comezo das festas da Peregrina.

Vilán advertiu do “clamor” en contra destes espectáculos, como reflectiron as recomendacións recollidas no portal de participación cidadá no debate da dita norma, cun 90 por cento de peticións de prohibir as touradas. Mesmo sinalou unha aportación concreta sinalando que “non se pode defender que os animais non son obxectos para ao mesmo tempo permitir a súa tortura”.

Animais domésticos

Explicou a súa oposición a unha norma que reduce a protección da anterior Lei, xa que onde a anterior norma protexía a tódolos animais “domésticos”, esta limítase aos animais “de compañía”. Deste xeito, elude a protección aos équidos, dificultando castigar prácticas como o uso de presas, e a pesares de que prohibe os animais salvaxes no circos, neste aspecto non di nada dos domésticos.

A portavoz socialista sinalou sen embargo o traballo parlamentario para mellorar este proxecto de Lei, logo da emenda de devolución presentada polos socialistas galegos e das aportacións das protectoras de animais. No debate en Comisión foron aprobadas 30 das 53 emendas socialistas, a pesares de que “o goberno se manteña inamovible en cuestións fundamentais”, o que fixo imposible o apoio do PSdeG á Lei na votación final.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar