O PP veta unha proposta para evitar que os pequenos de Allariz teñan que ir a escolas infantís fora do Concello

O PP veta unha proposta para evitar que os pequenos de Allariz teñan que ir a escolas infantís fora do Concello

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para evitar que os pequenos de Allariz sen praza en escola pública teñan que irse a outros concellos.

Os socialistas reclamaran incrementar o número de prazas na escola infantil local, integrada no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Reclamou un incremento “ata niveis en que se elimine a lista de agarda e non sexa preciso que os neno e nenas nados neste Concello teñan que desprazarse a outros centros de municipios próximos, nin incrementar os concertos con entidades privadas”.

Lembrou que na derradeira adxudicación de prazas para o curso 2017 – 18 quedaron nove familias do Concello en lista de agarda, “aos que hai que engadir aos nenos e nenas deste Concello que na actualidade xa acoden a centros situados noutros municipios”.

Acusou ao goberno galego de converter as solicitudes de prazas nas escolas infantís “nun boleto de lotería”, cando un 31 por cento das familias quedan fora nas primeiras listaxes de admitido. Acusou a Feijóo de “vivir das rendas das 54 escolas infantís que deixou proxectadas o goberno presidido por Emilio Pérez Touriño”.

A realidade, explicou, é que o actual goberno tan só fixo 8 escolas infantís en oito anos, a razón de unha por ano, co que “ao ritmo actual precisaría 25 anos para ter a rede de escolas infantís públicas que precisa”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar