O PP veta un Plan de apoio aos afectados por fibromialxia

O PP veta un Plan de apoio aos afectados por fibromialxia

O PP veta un Plan de apoio aos afectados por fibromialxia

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, afeoulle hoxe ao PP o seu veto a unha proposta socialista para pedirlle ao goberno galego un Plan de Mellora da atención á fibromialxia e de apoio aos afectados por esta doenza. Así o dixo logo do debate na Comisión de Sanidade dunha iniciativa do Grupo Socialista que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista explicou que esta enfermidade, que afecta maioritariamente a mulleres, resulta incapacitante polas fortes dores e as dificultades de adaptación dos enfermos ao posto de traballo. Estes vense expulsados dun sistema que non recoñece a incapacitación e que ademais carece de unidades de referencia específicos para atendelos e que exclúe os tratamentos de acupuntura ou termalismo.

Esta doenza, sinalou, afecta ao dous por cento da poboación, mentres máis do 80 por cento dos afectados son mulleres, ten unha orixe descoñecida e a pesares dos avances “queda moito por facer tanto dende a abordaxe médica como da difusión e información” relativa a esta enfermidade.

Os socialistas reclamaran hoxe avaliar e afondar nos documentos elaborados polo Ministerio de Sanidade e as actualizacións existentes sobre a enfermidade. Tamén reclamaban unha estratexia que inclúa actividades formativas entre os profesionais da sanidade e impulsar a investigación para mellorar o coñecemento sobre esta enfermidade.

Finalmente, pediron avaliar a influenza da fibromialxia sobre o desempeño laboral, para “definir as condicións e criterios a ter en conta para estimala como posible causa de incapacitación laboral, necesidade de adaptación ou cambio de posto de traballo”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar