O PP veta pedirlle á Xunta un informe sobre as queixas contra as administracións polas trabas no uso do galego

O PP veta pedirlle á Xunta un informe sobre as queixas contra as administracións polas trabas no uso do galego

O PP veta pedirlle á Xunta un informe sobre as queixas contra as administracións polas trabas no uso do galego

A portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Concepción Burgo, lamentou hoxe na Comisión de Cultura o veto do PP a unha proposta socialista para pedirlle á Xunta un informe sobre as denuncias ou queixas presentadas por dificultar o uso dalgunha das linguas oficiais polas administracións ou entidades públicas en Galicia.

Advertiu que “non temos ningún dato oficial” sobre estas queixas que a Xunta “non quere dar” cando se trata da administración que máis queixas recibe por conculcar o dereito á libre elección da lingua. Apuntou aos informes da Liña do Galego da Mesa pola Normalización, os únicos datos xerais coñecidos e que apuntan a que en torno ao 52 por cento das queixas corresponden ás administracións autonómica, estatal e local.

A administración autonómica, explicou, é precisamente a que máis queixas atesora, con funcionarios que negan a comunicación oral ou escrita en galego, ou carece de formularios alternativos ao castelán, cunha actitude que “parece contraria ao uso do galego de forma continuada”.

Lembrou a decisión de Feijóo de renunciar en 2009 a exercer o dereito a garantir o coñecemento do galego nas oposicións á función pública, ou da forte redución de orzamentos, especialmente para as equipas de normalización lingüística.

Ninguén preocupado

A pesares destas evidencias, dixo, o goberno galego evita explicar se hai “alguén preocupado por reunir estes datos sobre o uso do galego” e que poida elaborar un informe “absolutamente necesario se queremos resolver os problemas da nosa lingua no país e defender os dereitos lingüísticos da cidadanía”.

Constituiría, explicou, un instrumento fundamental para “tomar medidas para evitar a conculcación dos dereitos dos galegos falantes e ampliar o uso da lingua” xa que, reiterou, “que haxa leis que afirman o dereito lingüístico non quere dicir que non se conculque”.

Neste momento, advertiu, resulta “imposible coñecer a intensidade e contidos das reclamacións, que serían fundamentais para coñecer a situación real de convivencia das dúas linguas e as áreas de especial conflitividade, que permitiran poñer algunha solución”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar